fbpx

Súbete ó tren da industria 4.0 con Re-acciona

Súbete ó tren da industria 4.0 con Re-acciona

Cres que eres quen de liderar na túa empresa as oportunidades que ofrece a industria 4.0? A Cuarta Revolución Industrial vaiche permitir xerar maiores ingresos, reducir os custes operativos e conseguir unha mellor xestión dos riscos. Razóns máis que dabondo para que apostes firmemente por esta etapa económica na que xa estamos inmersos.

Nesta nova estructuración industrial, a preparación do teu cadro de persoal é determinante para que afrontes as demandas da industria 4.0. Ademais, debes definir un plan que che permita implantar solucións dixitais innovadoras en mobilidade e que aporten valor ós teus procesos. Cales? Desde a xestión financieira, ata loxística, os recursos humanos ou provedores; por citar só algúns exemplos.

Precisamente a nova edición de Re-acciona ofrecerá ás pemes galegas o asesoramento máis axeitado para que poidan desenvolver os seus proxectos de mellora nestes ámbitos. O plan de acción que se desenvolva tamén vai implicar ós teus traballadores. Ademais as empresas terán apoio para implantar novas medidas, e mesmo se impartirán xornadas para capacitar e sensibilizar ó teu equipo.

A nova edición de Re-acciona, unha iniciativa dotada con 3’4 millóns de euros, ofrecerá servizos centrados en catro grandes eidos: o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a innovación e a adopción de solucións de dixitalización.  Á súa vez, dentro destes grandes bloques, haberá diferentes servizos

En definitiva, Re-acciona vai permitir unha Galicia máis innovadora e con máis postos de traballo de calidade, xa que poderás implantar solucións dixitais que repercutirán de xeito positivo na túa xestión e que, polo tanto, van agregar máis valor á túa empresa.

A túa peme non vai quedar atrás!

Permanece atent@! Re-acciona está a piques de saír e vaiche axudar a conseguilo!