fbpx

E ti? Xa eres un directivo 4.0?

E ti? Xa eres un directivo 4.0?

Sabemos que o tecido empresarial debe adaptarse á Industria 4.0, un xeito de traballo no que interveñen os sistemas de carácter intelixente. Pero, para poder dar resposta ás necesidades que presenta esta nova realidade, é importante contar con profesionais que sexan capaces de dirixir e xestionar todos os cambios. Que condicións precisas?

A Cuarta Revolución Industrial esixe persoal directivo que promova a proximidade no trato da empresa co exterior. É dicir, a clientela precisa unha atención permanente, polo tanto, vai ter que estar automatizada.

A comunicación interna é outro dos piares fundamentais. A dirección ten que esforzarse por entender as necesidades e os cambios que se producen ó noso redor. Isto vai permitir afrontar os problemas e xerar novas oportunidades de negocio.

Apostar pola formación también vai ser determinante. As novas tecnoloxías marcarán o ritmo a seguir e os cambios que se producirán no traballo. Por este motivo, é fundamental a aprendizaxe constante, tanto para o persoal coma para o equipo directivo.

Por outra parte, a Industria 4.0 trae consigo novos modelos de traballo e, con eles, novos produtos, polo que, para non perder competitividade no mercado, a clave estará en saber reinventarse continuamente e crear formas que sorprendan ós clientes. Para isto, o persoal directivo 4.0 deberá ser creativo, un aspecto que permitirá impulsar a empresa.

En definitiva, o persoal directivo 4.0 debe ter mente aberta e actitude comprometida cos cambios tecnolóxicos; así vai ser capaz de enfrontarse aos novos retos para que a empresa poida ser máis competitiva.

A túa peme non pode quedar atrás!

Sigue atent@! Re-acciona está a piques de saír e vaiche axudar a conseguilo!