
15 Jan E a túa empresa, ten a folla de ruta para ser máis competitiva?
Queres coñecer o grao de modernización tecnolóxica da túa empresa?
Buscas identificar oportunidades de mellora para incrementar a túa competitividade?
Tódalas respostas podes conseguilas a través de Estratexia Dixital, un dos servizos que inclúe a nova convocatoria do programa Re-acciona, que está a piques de saír. O resultado vai ser a definición da estratexia dixital da túa empresa. Noutras palabras, será a folla de ruta que che vai permitir incorporar novas solucións dixitais e tendencias tecnolóxicas. Cales? Termos como cloud, Big Data ou social media pasarán a formar parte da túa estratexia e serán a garantía para que a túa empresa poida ser máis competitiva.
O obxectivo final será que a túa peme logre unha mellora e unha optimización do seu modelo de xestión; pero ademais, esa mellora tamén vai beneficiar á túa produción e prestación dos teus servizos e da comercialización.
Outro dos atractivos do servizo Estratexia Dixital de Re-acciona é a elaboración dun plan de acción que vai posibilitar que o teu cadro de persoal se forme do mellor xeito posible na materia. Este é un aspecto clave para executar esa folla de ruta que obterás. E por suposto, todo este proceso vai ser consensuado coa túa empresa.
Posteriormente, vanse establecer medidas específicas que permitan realizar un seguimento axeitado da implantación de tódalas medidas no marco da Estratexia Dixital. Estamos xa na conta atrás para a nova convocatoria de Re-acciona!
A túa empresa non pode quedar atrás! Este é un dos servizos pero haberá máis.
Sigue atent@!