fbpx

A década arrinca cunha nova convocatoria do programa Re-acciona!

A década arrinca cunha nova convocatoria do programa Re-acciona!

Chegou o momento! Acabamos de comezar unha nova década e xa non hai volta atrás para o tecido empresarial galego. Innovar ten que estar necesariamente no ADN das pemes e, aquelas que non aposten por este escenario estarán condenadas ó fracaso. E é que calquera empresa, ata a máis pequena, pode mellorar a súa competitividade incorporando novos xeitos de facer as cousas.

En que nos vai axudar a innovación empresarial? falar deste concepto implica conseguir solucións inéditas ós nosos problemas, así como satisfacer mellor as necesidades dos nosos clientes. Por outra parte, vainos axudar a diferenciarnos dos nosos competidores e a optimizar os procesos de compra. Por todo isto non hai dúbida de que a innovación é o aspecto fundamental para o desenvolvemento exitoso dun negocio, sexa do sector que sexa.

Unha vez que apostes por este camiño, debes analizar as posibilidades de innovación nos teus procesos e productos ou servizos. Canto máis fiables sexan as fontes das que obteñas información, máis garantías de éxito terás para implmentar medidas innovadoras que realmente funcionen.

O noso propósito para este recén inaugurado 2020 é axudarche neste camiño, e imos lanzar unha nova convocatoria do programa Re-acciona, dirixido ás pequenas e medianas empresas de Galicia para que melloren a súa competitividade.

Re-acciona que pivotará sobre:

  • Desenvolvemento estratéxico, no que as empresas terán á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.
  • Profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estructura financeira ou a cadea de producción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.
  • Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade.
  • Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.

 

Permanece atent@ á nova convocatoria de Re-acciona!