fbpx

Converte a túa peme na máis segura con Re-acciona!

Converte a túa peme na máis segura con Re-acciona!

Queres que a túa empresa conte cunha estratexia propia para xestionar a ciberseguridade?

Sabes que o feito de dispoñer deste mecanismo é clave para previr, detectar e responder, de xeito rápido ás ciberamezas?

Os riscos ós que pode enfrontarse a túa empresa son moitos, dende unha posible perda de datos sensibles, ata prexudicar á calidade dos teus produtos. Para evitar todo este tipo de escenarios, a nova convocatoria do programa Re-acciona incluirá un servizo específico de definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.

A estratexia que che vai proporcionar Re-acciona identificará as túas debilidades e os teus puntos máis críticos. Por outra parte, vai estar orientada á adopción de novas solucións tecnolóxicas de seguridade.

Unha vez realizada esta análise do teu punto de partida, comezará o traballo propio de definición da estratexia, así como o desenvolvemento das medidas e intervencións máis axeitadas ás necesidades da túa empresa. É importante que teñas en conta que a selección das medidas que se implanten van estar consensuadas, en todo momento, co que ti decidas.

Aprenderás a identificar mecanismos de salvagarda a un custe reducido, como por exemplo, antivirus ou sistemas de copia, e sistemas de monitorización.

Toda esta estratexia irá acompañada dunha formación específica dirixida ós traballadores. O teu cadro de persoal recibirá unha serie de consellos cos que estarán máis capacitados para enfretanrse á nova realidade. E, por suposto, disporás dunha oferta de servizos de acompañamento na posta en marcha de medidas de protección.

O resultado final será medible e demostrable! Todo para que a túa empresa sexa a máis segura!

Moi axiña teremos novidades ó respecto!

Non perdas detalles da nosa páxina web e redes sociais.