
10 Dec A dixitalización mellorará os ingresos da túa empresa
Queres aumentar o teu volumen de negocio? Buscas mellorar os teus ingresos?
Pensas que a túa empresa precisa ser máis eficiente e productiva?
As respostas a estas cuestións están na transformación dixital, que deixou de ser unha opción para converterse nunha necesidade que asegura a supervivencia das pequenas e medianas empresas. É o que se denomina como Cuarta Revolución industrial e que está cambiando as regras do xogo na xestión da información e dos modelos de negocio.
Neste novo contexto o salto á dixitalización e á Intelixencia Artificial (IA) son algunhas das ferramentas esenciais para que as pemes poidan sobrevivir no novo escenario empresarial e comercial. Un dos efectos máis importantes da dixitalización é a reducción de custes, posto que o seu impacto vai máis alá do emprego; actúa sobre as persoas e mesmo nas decisións das potencias mundiais.
Onde están agora as claves de negocio? Os expertos aseguran que as claves do negocio están nos datos, na súa obtención e no seu control, así como na sistematización e na aplicación a procesos industriais que se faga deles. Por outra parte, a automatización de tarefas ou as estratexias comerciais tamén van axudar a conseguir un aumento dos ingresos. En definitiva, os datos considéranse o petróleo do século XXI.
O que está claro é que tódalas empresas teñen datos, pero cómpre saber sistematizalos e aplicalos nos diferentes procesos da empresa. As pemes deben afrontar este proceso, o importante é realizar este camiño acompañado de terceiros. Nese sentido, o programa Re-acciona está a piques de lanzar unha nova convocatoria para axudar ó tecido empresarial galego.
Permance atent@ á nosa páxina web e redes sociais!
Iremos contando tódalas novidades ó respecto.