
04 Dec A túa peme ten cultura innovadora?
A innovación é un dos alicerces sobre os que que se asenta a nova convocatoria de Re-acciona. Concretamente, o tecido empresarial galego vai atopar ata tres servizos diferentes vinculados coa actividade innovadora, e un deles é o do asesoramento para o financiamento da innovación.
En que vai consistir este servizo?
Vaise basear nunha análise previa do desempeño innovador da peme e, a partir de ahí, vai ser posible establecer unha estratexia para a obtención de financiamento para as súas actividades de I+D+i. De feito o teu nivel de innovación vai ser determinante para que a túa empresa teña unha maior capacidade de adaptación ó cambio.
A estratexia quedará reflectida nun Plan de financiamento; un documento que incluirá os diferentes mecanismos de incentivos á innovación; dende as deduccións á I+D e á innovación tecnolóxica ou as bonificacións á Seguridade Social, ata as deduccións para investimentos de compoñente ambiental.
En definitiva, a idea do servizo asesoramento para o financiamento da innovación do novo Re-acciona é guiar ás empresas para que empreguen os incentivos fiscais á I+d+i. Por outra parte, este servizo pretence capacitar ó tecido empresarial galego para o emprego deses incentivos.
O servizo de Re-acciona incluirá o desenvolvemento e a implantación dun procedemento para manter actualizada a información que permita obter os indicadores de innovación.
Ademais, abrangue a automatización da recollida destes indicadores e a súa adaptación ós sistemas de información que haxa na empresa.
Todo este proceso vaiche axudar a lograr o crecemento da túa empresa.
Queres formar parte deste proceso? Coñecerás novos detalles moi axiña!
Permance atent@ á nosa páxina web e redes sociais!
Iremos contando tódalas novidades ó respecto.