
20 Nov Lanza un produto innovador e ¡posícionate no mercado!
Buscas posicionarte no mercado cun produto ou cun servizo innovador?
Para conseguilo é preciso que sigas unha metodoloxía de deseño estratéxico. Estes termos implican que debes recibir previamente, unha formación inicial para que entendas, en detalle, en que vai consistir todo o proceso.
Posteriormente, é moi importante que dispoñas dunha análise da organización da túa empresa, que faga fincapé nas áreas de xestión, proceso, deseño e desenvolvemento de produto e de marketing e comunicación.
Por outra parte, este estudio detallado debe incluir o teu posicionamento no mercado, os obxectivos, os clientes, a túa competencia; e sobre todo, a carteira de produtos sobre a que é preciso incidir. En definitiva, cómpre ter unha fotografía detallada do escenario no que se move a túa peme.
A partir de aquí, o máis axeitado é recibir unha formación adicional centrada en ferramentas creativas para que poidas desenvolver novos productos ou servizos. O seguinte paso é que a túa empresa poida testalo cos teus empregados para que así consigas un feedback real. A partir de aquí xa é posible a seguinte fase: o redeseño das túas propostas.
Queres formar parte deste proceso? Está nas túas mans facelo a través do servizo Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores, que se enmarca na nova convocatoria do programa Re-acciona.
Segue atent@ á nosa páxina web e redes sociais!
Axiña ofreceremos máis información sobre este e outros servizos para que a túa empresa sexa máis competitiva!