
17 Oct Re-acciona, o camiño para que a túa empresa sexa máis competitiva
En novembro activamos o programa do IGAPE dirixido ás pequenas e medianas empresas de Galicia para que melloren a súa competitividade. A nova convocatoria de Re-acciona abrangue varios ámbitos de interese para as pemes, un deles son os servizos relacionados co Desenvolvemento estratéxico. Nesta materia as empresas terán á súa disposición:
-Unha análise do potencial competitivo (APC), que lles permitirá estudiar os factores que definen a capacidade para competir no mercado. Polo tanto, aquí inclúense aspectos como a estrutura do negocio, os procesos e a cultura organizativa. Comor resultado, as empresas obterán un informe que estableza a súa posición actual e as pautas a seguir para a súa mellora.
Como se vai facer? O IGAPE empregará a ferramenta denominada Diágnostico competitivo baseado na matriz T-H; deste xeito, as empresas contarán cunha serie de accións de mellora.
-Desenvolvemento estratéxico integral da empresa. Con este servizo será posible elaborar un proxecto de futuro que permita acadar os obxectivos, en defintitiva, a empresa disporá dun itinerario personalizado de mellora. Neste camiño a peme contará con cun seguimento dos seus plans.
-Análise de cumplimento normativo e riscos legais. Este é o terceiro dos servizos que o programa Re-acciona ofrece na fase do Desenvolvemento estratéxico. Neste caso o obxectivo é analizar os riscos legais nos que puidera incorrer a empresa, xa sexan derivados de normativas ambientais, da protección de traballadores ou protección de datos. Por outra parte, servirá para estudiar os riscos penais para os socios e administradores da empresa.
En que se traduce este servizo para a empresa? En dispoñer dun mapa de riscos legais que reflicta a probabilidade de ocorrencia e que tamén se ofrezan medidas preventivas para evitar que se produzan.
É só un adianto, hai outros servizos que seguiremos avanzando!