fbpx

A metodoloxía Agile, tamén para as pemes

A metodoloxía Agile, tamén para as pemes

As pemes que apostan pola transformación dixital son conscientes de que para a súa supervivencia deben operar de maneira eficiente e rendible, ademais de ser a áxiles e flexibles. Por iso, neste contexto de era dixital, no que xorde a necesidade adaptarse ao mercado que está en constante cambio, entra en xogo a filosofía da metodoloxía Agile.

A metodoloxía Agile é un sistema que se basea en implantar métodos de xestión que permitan organizar e repartir o traballo de maneira rápida e flexible entre diferentes equipos. Existen moitas formas de traballar mediante a filosofía Agile pero todas teñen en común o mesmo obxectivo: traballar de maneira flexible e autónoma para adaptarse a cada proxecto para incrementar a súa produtividade e a redución dos custos.

Como podes implantar metodoloxías agile na empresa? A continuación expoñémosche algunhas pautas a seguir:

  • Establece as túas necesidades: non todas as metodoloxías áxiles responden ben ás nosas necesidades. Polo que unha vez que teñamos claro cales son as que mellor se adaptan á situación da empresa, poderemos valorar se comezar a aplicalas. Neste aspecto o mellor será ir adaptando cada proxecto á metodoloxía elixida.
  • Aposta pola formación: unha boa opción será contratar a persoal con experiencia en contornas áxiles pero xunto con algo de formación. Desta maneira o cambio será máis efectivo cunha redución dos posibles erros que conleva mentres se mantén o control sobre os procedementos.
  • Marca un obxectivo actual e flexible: á hora de adaptar a nosa empresa a metodoloxías áxiles pode pasar que o obxectivo inicial non chegue a cumprirse e os marxes de erro son máis variables pero máis solucionables facilmente. Por iso é convinte asignar prazos de entrega dos produtos ou servizos máis curtos.
  • Fomenta un diálogo aberto entre os membros da empresa: isto permitirá coñecer os cambios que se producen durante o proceso de traballo para adaptarnos máis fácil.
  • Proba novas ferramentas: existen gran cantidade de ferramentas de xestión dixital que permitirán que o equipo de traballo se adapte aos ritmos e a dita metodoloxía.
  • Traballa ca clientela: manter unha interacción constante coa clientela é esencial, pois aínda que poda xerar cambios imprevistos, saber o que necesita do produto é un factor clave de éxito.

Pero, o máis importante dunha contorna agile é que debe estar sustentado por unha área de traballo dixitalizada que facilite a comunicación e traballo colaborativo.

En xeral as pemes que integran estes modelos experimentan melloras sustanciais na súa produtividade, mostrando unha vantaxe engadida fronte aos seus competidores. Anímaste a integrar a metodoloxía agile na túa peme?

Fontes: https://bit.ly/2xxrsfKhttps://bit.ly/2kHJMQvhttps://bit.ly/2maXawQ