
10 Sep Por que contratar a un freelance pode supoñer unha vantaxe competitiva para as empresas?
Gracias ás novas tecnoloxías, o número de autónomos creceu con respecto a anos anteriores, pois estas permiten traballar mellor, con equipos deslocalizados, aumentando o atractivo dun perfil concreto para as empresas, o freelance.
Esta tendencia, ofrece un gran potencial de crecemento para os negocios xa que a contratación de freelance permite avanzar con proxectos importantes a un menor custo e con unha maior axilidade. Por iso, a contratación deste tipo de traballadores supón unha serie de vantaxes das que se poden beneficiar as pemes e que explicamos a continuación:
- Conseguen unha maior rendibilidade para a empresa: unha das principais características deste tipo de traballadores é que son eles os que xestionan os seus propios recursos. Non necesitan que se lles facilite nin espazo traballar nin tampouco material. Ademais, tampouco implican cargas contractuais pois a flexibilidade de contar con estes profesionais é maior que a dun traballador na que a relación contractual é mais limitada.
- Son profesionais cualificados: gracias a un traballador freelance terás profesionais especialistas na súa materia preparados para realizar exactamente o que necesita o negocio.
- Proporcionan unha nova visión máis obxectiva: a súa especialización permite obter unha visión diferente e máis actual da empresa. Ademais, grazas á variedade de clientela que teñen estes profesionais poden ofrecer unha visión mais obxectiva do negocio.
- Traballan orientados a obxectivos: ao traballar por proxectos, para tarefas concretas tenderán a optimizar mellor o seu traballo, pois a súa avaliación tamén dependerá do resultado e non das horas traballadas.
- Conséguese unha comunicación directa: aquí non hai intermediarios da cadea de mando, so estarán o traballador autónomo e a persoa encargada de proporcionar as ordes de traballo, por iso, a comunicación será mellor e con elo a execución.
En definitiva, atopámonos nun proceso de grandes cambios liderados polas novas tecnoloxías, no que xorden novas tendencias sobre as formas de traballo, sendo o modalidade de freelance unha de delas.
Ademais, polas propias condición destes profesionais, fan do traballo autónomo unha das mellores modalidades de emprego para a era dixital, permitindo ás empresas beneficiarse das vantaxes afrontar determinados proxectos a menores custos e de maneira máis flexible e áxil.
Fontes: https://bit.ly/2m3jskd; https://bit.ly/2m3wBty; https://bit.ly/2ky6nyK