fbpx

O paso da empresa Miramar Cruises polo programa Re-acciona: Entrevista a Hugo Iglesias, director xeral

O paso da empresa Miramar Cruises polo programa Re-acciona: Entrevista a Hugo Iglesias, director xeral

Miramar Cruises é a única axencia en liña de Galicia especializada na venda de cruceiros turísticos. Naceu no viveiro de empresas da Fundación CEL de Lugo e no ano 2016 trasladouse á Coruña (actualmente sitúase no Edificio BCA28 do Polígono da Grela), desde onde opera neste momento.

En paralelo á axencia de venda en liña de cruceiros, Miramar Cruises desenvolve o proxecto Nudoss.com, a primeira rede social de cruceiros de Europa.

Entrevistamos a Hugo Iglesias, director xeral de xerente de Miramar Cruises para que nos achegue a súa experiencia no programa Re-acciona, concretamente, co servizo de optimización financeira.

1.  Por que xorde a necesidade de participar no programa Re-acciona ?

Solicitamos o programa Re-acciona para enfrontar dous desafíos: mellorar o servizo de xestión externalizado que posuían e optimizar os recursos para contar cun servizo de xestión interna máis directo e involucrado na actividade diaria e coordinado co resto de departamentos.

2.  Como se desenvolveu o servizo solicitado?

Mediante unha auditoría externa realizada polo axente colaborador e reunións periódicas co equipo directivo, identificamos as debilidades existentes no noso modelo de negocio e decidimos como enfrontalas no futuro. Ademais, levaron a cabo unha avaliación, optimización e reestruturación dos nosos recursos, tanto internos como externos, e fixeron cambios na nosa estratexia co obxectivo de corrixir pequenos erros que estábamos a cometer.

3.  Que supuxo para a empresa o programa Re-acciona?

Grazas á participación no programa Re-acciona, enfrontamos os dous retos que nos levaron a solicitar o servizo: mellorar o sistema de xestión externalizado e optimizar os recursos financeiros, tanto internos como externos.

Agora somos conscientes da nosa situación económica, grazas á auditoría realizada, así como dos erros e acertos que estábamos a cometer na xestión.

Podes ver a entrevista completa na nosa canle en Youtube na seguinte ligazón.