
30 Jul O paso da empresa Inercial Performance polo programa Re-acciona TIC: Entrevista a Ramón Lago, xerente
Inercial Performance é un empresa fabricante de máquinas isonerciais, cunha tecnoloxía aplicada ao deporte de alto rendemento. Son pioneiros nunha das tendencias máis novidosas da forza. O seu obxectivo é deseñar as mellores máquinas de adestramento inercial do mercado.
Entrevistamos a Ramón Lago, xerente de Inercial Performance para que nos achegue a súa experiencia no programa Re-acciona TIC, concretamente, co servizo de aplicación de aplicación de solucións de mobilidade
1. Por que xorde a necesidade de participar no programa Re-acciona TIC ?
Éramos consciente de que necesitábamos aprender do ámbito empresarial e aproveitar todas as oportunidades que se presentasen para conseguilo. Por iso, buscábamos implantar unha ferramenta de xestión de stock, fabricación e custos (entre outros) que, a súa vez vez, integrara un proceso de certificación externo.
2. Como se desenvolveu o servizo solicitado?
Grazas ás reunións periódicas desenvolvidas co o axente colaborador, creouse esta ferramenta en rede á que ten acceso non só o persoal, senón tamén outras persoas relacionadas coa empresa. Agora todos os axentes implicados dispoñemos dunha información actualizada constantemente.
3. Que supuxo para a empresa o programa Re-acciona TIC?
Grazas á participación no programa, demos un paso máis no noso proceso de crecemento e desenvolvemento como peme.
Agora disponemos dunha ferramenta en rede que nos permite ter información de forma rápida, ordenada e de fácil acceso para quen lle interese. Isto facilita que poidamos debuxar un mapa interno no que somos conscientes do estado da situación da empresa en tempo real.
Podes ver a entrevista completa na nosa canle en Youtube na seguinte ligazón.