fbpx

As alianzas estratéxicas entre empresas como vantaxe competitiva

As alianzas estratéxicas entre empresas como vantaxe competitiva

O pasado xoves 27 de xuño foi o día internacional das pemes e micropemes. Este tipo de empresas representan o 99% do tecido empresarial, converténdose no motor da economía do noso país. Pois, ademais de ter un papel determinante na actividade económica a través da produción e oferta de bens e servizos, cumpre un rol fundamental na xeración de emprego.

Así mesmo, teñen unha maior flexibilidade para adaptarse ao cambios do mercado e para emprender proxectos innovadores.

Pero non todo son vantaxes, xa que contan con recursos limitados e teñen máis dificultades á hora de acceder á financiación, o que supón un gran reto para competir e colaborar con empresas máis grandes que, na maioría dos casos teñen mais poder e recursos.

Por iso, unha das alternativas que teñen as pemes para poder alcanzar o éxito empresarial son as alianzas estratéxicas. Estas consisten nun compromiso de apoio entre empresas que comparten obxectivos, co fin de obter beneficios comúns e lograr mais capacidade competitiva e sustentabilidade.

Para que as alianzas sexan exitosas teñen que reunir varios elementos, entre os que podemos citar a transparencia na relación entre as empresas. Cada peme ten que ter claro a situación da que parte cada unha. Ocultar información xerará desconfianza e polo tanto a alianza non será exitosa. Por iso, tamén haberá que realizar unha análise da situación na que se atopa a empresa para determinar cales son as necesidades.

En segundo lugar, nas negociacións previas ao acordo, debe aclararse os motivos estratéxicos de cada empresa, a forma na que se desenvolverán as actividades así coma os métodos empregados para realizar o seguimento dos resultados.

Por último, para que a alianza sexa forte deben estar involucrados todos os interesados, é dicir, se a peme ten varios socios, debe haber un consenso tanto no contido coma na creacións dos acordos.

Se o proceso da creación das alianzas é idóneo e transparente, as empresas colaboradoras obterán os beneficios determinantes para a súa sustentabilidade. Neste sentido, o empresario deberá estar atento ás oportunidades que se presenten de colaboración entre pemes para mellorar a actividade produtiva e a eficiencia empresarial.

Destacar tamén que as alianzas poden ser de diferentes tipos e por razóns variadas. Non so se trata de buscar a colaboración empresarial para acceder a novos mercados ou minimizar os riscos de inversións, senón tamén para aproveitar mellor a tecnoloxía utilizada ou apoiar a innovación entre as empresas.

Fontes: https://bit.ly/2ISi90uhttps://bit.ly/2LpcbWlhttps://bit.ly/2Yrs56B