
18 Jun Como poden as TICs mellorar a túa vantaxe competitiva?
O elemento principal de toda empresa e sobre o cal deben centrar todos os seus esforzos é a competitividade.
Nesta nova contorna, na que a renovación constante é a dinámica actual de traballo, debido á evolución das tecnoloxías, as empresas deben contar cunha estratexia baseada no emprego das TICs que permita crear unha maior diferenciación e mellorar así a súa posición competitiva.
Por iso, a continuación explicamos de que maneira a tecnoloxía pode axudar ás pemes diferenciarse e mellorar a súa vantaxe competitiva:
- Satisfacción da clientela: un dos eixos centrais das empresas é a clientela por iso a súa fidelización é unha das principais tarefas. Neste aspecto, grazas á tecnoloxía, é mais sinxelo recoller información tanto da túa propia clientela coma dos competidores, a cal permitirá ofrecer produtos mais personalizados. Un exemplo desta tecnoloxía é o emprego de chatbots no servizo de atención á clientela. Outra opción, tamén é a comunicación dixital mediante o emprego das redes sociais, a través das cales se pode ofrecer máis proximidade.
- Innovación: toda empresa que queira ser competitiva ten que ser innovadora, ofrecer un produto que o faga diferente ao resto. E para ser innovador, as empresas deben contar con ferramentas dixitais que permitan a xestión dos datos, a través dos cales se realicen mellores investigacións dos produtos ademais de coñecer mellor as necesidades da clientela que xorden cos novos modelos de negocio.
- Expansión: grazas a Internet e ao comercio electrónico, todas as empresas teñen a posibilidade de expandirse e chegar a un número máis alto de clientela. Desta forma, as pemes, e non so as grandes empresas, poden competir a nivel global.
- Optimización dos custos: trátase de evitar gastos innecesarios mediante a automatización dos procesos. A tecnoloxía brinda a oportunidade de xestionar o tempo dos empregados de maneira máis eficiente e produtiva. Así, canta máis rentabilidade poidas obter polas actividades automatizadas mellor será para o negocio.
En conclusión, a importancia das tecnoloxías nas empresas é indiscutible. Non todas teñen as mesmas necesidades tecnolóxicas, polo que é necesario que analicen cales son os puntos débiles para implantar as estratexias axeitadas que permitan diferenciase da competencia.
Pero aínda así, as tecnoloxías están ao alcance de calquera negocio sen que sexa necesario falar de grandes empresas. Polo que isto, engadido á capacidade de adaptación das pemes, son dúas das razóns polas que os pequenos negocios deben aproveitar as vantaxes das Tics, que permitirán cambiar o seu modelo de negocio e adaptarse ás novas necesidades do mercado.
Fontes: https://bit.ly/2IDqW4Y; https://bit.ly/2yYabMX; https://bit.ly/2XgsoU9