fbpx

O emprego da tecnoloxía cloud na xestión empresarial

O emprego da tecnoloxía cloud na xestión empresarial

Na actualidade, todas as persoas que utilizan Internet para desenvolver as súas tarefas diarias empregan a tecnoloxía cloud ou nube pero aínda non nos queda claro en que consiste o cloud computing e como pode beneficiar ás empresas na súa xestión.

O Cloud computing podémolo definir como un conxunto de programas ou servizos que se atopan nun servidor conectado á rede, que é accesible dende calquera sistema operativo que estea conectado a Internet.

Esta tecnoloxía conseguiu transformar o modelo de negocio, tanto das pemes como das grandes empresas, ao dar a oportunidade de dispoñer dunha ferramenta de xestión empresarial que axuda a acelerar os procesos e reducir custos entre outros.

Polo tanto, cales son os beneficios de empregar a tecnoloxía cloud na xestión empresarial das pemes?

  • Accesibilidade: como anteriormente se indicou, esta tecnoloxía ofrece a posibilidade de obter a información almacenada na nube en tempo real desde calquera lugar e en calquera dispositivo que teña conexión a Internet. Desta maneira aumentan as posibilidades de novas modalidades de negocio e a flexibilidade coa que podemos enfrontar os retos da empresa.
  • Flexibilidade: as solucións de xestión na nube ao estar conectadas a internet contan con almacenamento ilimitado, están sempre actualizadas e permiten engadir funcións de forma sinxela.
  • Calidade na xestión dos datos: que diferentes áreas dunha empresa poidan interactuar desde a mesma ferramenta cos mesmos datos terá como consecuencia unha mellora na organización en todos os datos.
  • Axilidade e produtividade: en relación co punto anterior, aumentar a calidade dos datos, ademais de centralizar a información xunto coa dispoñibilidade en tempo real permite axilizar os procesos da compañía sobre todo as tarefas do día a día coma a xestión dos recursos, que se realizan de forma máis efectiva gracias á automatización.
  • Aforro en custos: so pagarás pola utilización dos produtos e servizos, non pola compra de licencias. Tampouco terás que investir en infraestruturas ou mantemento de equipos.
  • Seguridade: os provedores de servicios na nube deben pasar por auditorías de nivel internacional, sendo a protección de datos a súa maior prioridade. Ademais contan con actualización de copias de seguridade.

Por todos estes beneficios a tecnoloxía cloud é unha das máis empregadas por todo tipo de empresas. Poder atopar toda a información de forma rápida e segura grazas a Internet sen ter que pagar ningún custo adicional é un sistema que están sabendo aproveitar as empresas.

Ademais, as solucións de xestión na nube son un elemento clave na dixitalización empresarial xa que permite obter os beneficios da tecnoloxía para ser máis áxiles e efectivas na xestión dos procesos.