fbpx

COMO ATRAER E RETER O TALENTO DIXITAL NA EMPRESA?

COMO ATRAER E RETER O TALENTO DIXITAL NA EMPRESA?

A dixitalización empresarial non só está relacionada coa introdución das novas tecnoloxías ou os novos modelos de negocio, senón que implica un cambio cultural no que o factor humano se converte nun elemento clave para alcanzar os obxectivos. Por iso, atraer talento dixital á empresa é fundamental.

Explicamos a continuación as claves para conseguir e reter o talento dixital na empresa:

  • Liderado e traballo en equipo: as novas tecnoloxías están dando paso a novas formas de organización do traballo e de responsabilidade dentro dos departamentos. Na actualidade estase apostando por estruturas de traballo horizontal, no que cada membro ten máis responsabilidade no desempeño das súas funcións. Este tipo de organización está atraendo os profesionais.
  • Formación constante: é importante que, para fomentar e reter o talento, a empresa conte cun plan de formación que permita incorporar novas habilidades tecnolóxicas.
  • Emprego da intelixencia artificial: este tipo tecnoloxías pode axudar ás empresas a atopar os mellores talentos de maneira máis eficiente, posto que permite garantir condicións máis xustas para as persoas candidatas en cada etapa do proceso.
  • Uso das redes sociais: estas ofrecen a oportunidade de conectarse con candidatas e candidatos de gran potencial, pois na actualidade son unha ferramenta indispensable para dar a coñecer a imaxe e os valores da empresa. Neste sentido, é importante que a comunicación que teña a empresa coa clientela sexa fluída e constante para transmitir unha imaxe de marca preocupada polas necesidades dos seguidores.
  • Transparencia: en conexión co punto anterior, aos novos profesionais gústalles contar coa máxima información posible sobre o que van traballar, pois coñecer os valores da empresa e compartilos, ademais de dar unha imaxe positiva da marca, é importante para fidelizar o cadro de persoal.
  • Flexibilidade: outro dos aspectos máis valorados polo persoal é a conciliación da vida laboral e familiar, polo que é necesario un equilibrio que permita desconectar do traballo e atender os asuntos persoais.

 

Por tanto, a xestión do talento estase a converter nun dos grandes retos, ademais de constituír un asunto prioritario para as empresas, pois a aposta pola procura de talento dixital aumentará a vantaxe competitiva e engadirá valor á compañía no futuro.

Agora que xa sabes algunhas das claves para atraer o talento, estás a poñer en práctica algunha das indicadas para a busca do teu persoal?

Fontes: https://bit.ly/2EKy8eZhttps://bit.ly/2LIrtrihttps://bit.ly/2qdMxI2https://bit.ly/2JkeaLF