fbpx

CUARTA CONVOCATORIA DO PROGRAMA REACCIONA TIC- INDUSTRIA 4.0

CUARTA CONVOCATORIA DO PROGRAMA REACCIONA TIC- INDUSTRIA 4.0

Hoxe, 06 de maio ábrese a cuarta e última convocatoria do programa Re-acciona TIC, co que se oferta un catálogo propio de servizos de diagnóstico, apoio e mellora competitiva dirixidas ás pemes, a través dos cales, se pretende mellorar o futuro das empresas galegas mediante a adquisición de novas competencias no ámbito da Industria 4.0, que lles permitan gozar de vantaxes competitivas permanentes
O prazo para a presentación de solicitudes nesta convocatoria será os seguinte:

fireshot-capture-082-www-xunta-gal

Dentro dos prazos establecidos na resolución de convocatoria, os solicitantes deberán cubrir un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet: http://www.tramita.igape.es.

Recordámosvos cales son os servizos ofertados no programa:

  • Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.: ten como obxectivo analizar a situación actual da empresa e farase unha detección das súas capacidades para orientarse cara a unha Industria 4.0. Tras a elaboración deste diagnóstico inicial, a contratista identificará as necesidades organizativas e tecnolóxicas que permitan á empresa incorporar novas tecnoloxías e preparará un itinerario de implantación tecnolóxico
  • Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0: Neste servizo trátase de xestionar o proxecto de implantación dun mínimo de 2 medidas de solucións Industria 4.0 consideradas de maior relevancia pola empresa procedentes dun diagnóstico de capacidades que pode ser realizado dentro deste programa ou ben pode ser resultado doutra análise que ofreza similares resultados
  • Servizo de xeración de modelos e simulación industrial: Consiste en executar un proxecto de xeración de modelos e simulacións sobre eles. Deste xeito, debe existir un produto, prototipo ou proceso que sexa susceptible da súa modelización, así como un problema que resolver para o cal se necesite realizar procesos de simulación sobre o modelo xerado.

 

Para obter máis información sobre a nova convocatoria accede á páxina web: https://reacciona.igape.es/index.php/2a-convocatoria-2017-re-acciona-tic/