fbpx

Cales son as vantaxes de contar cun partner tecnolóxico no proceso de dixitalización?

Cales son as vantaxes de contar cun partner tecnolóxico no proceso de dixitalización?

Cando as pemes deciden iniciar o proceso de transformación dixital para optimizar os seus procesos, un dos obstáculos cos que se atopan é a dificultade para facer fronte aos cambios acelerados da tecnoloxía que en moitas ocasión non son capaces de seguilos, xa que supón investir en tempo e recursos. Por iso, una das mellores opcións é a de externalizar a xestión a través da figura do partner tenolóxico.

O partner tecnolóxico ou socio tecnolóxico é unha empresa especializada en consultoría tecnolóxica e provedora de servicios TIC. Acompaña ás empresas durante o tempo que dura o proxecto de dixitalización ofrecendo solucións adaptadas ás necesidades. Entre as súas funcións están a de asesorar, seleccionar, implantar e poñer en marcha o material tecnolóxico ademais de brindar un servizo de mantemento, así coma un servizo de atención á clientela e de soporte técnico, eficaz, que poida dar resposta en todo momento.

Por iso, contar cun experto que analice as necesidade da empresa e sexa capaz de ofrecer solución personalizadas aporta ás empresas unha gran vantaxe competitiva. Entre eles, os principais beneficios son:

  • Impulsa a produtividade: para a maioría das empresas resulta difícil analizar e realizar un diagnóstico das súas necesidades. Por iso, é fundamental contar coa visión obxectiva do partner tecnolóxico, para implantar as solucións TIC necesarias sen que as empresas deixen de centrarse no seu negocio. Ademais, a súa experiencia converterá o proxecto de dixitalización nun proceso organizado e estruturado a través do cal poderán automatizar e centralizar as súas operacións, evitar duplicidade de traballo e fomentar a colaboración, fundamental para o impulso da produtividade.
  • Promove a innovación: os socios tecnolóxicos durante o proxecto proporcionan coñecemento e asesoramento diario para resolver as dúbidas e cubrir as necesidades. Desta maneira, as empresas estarán ao día das últimas solucións tecnolóxicas, conseguindo que os seus equipos poidan innovar na xestión dos recursos ademais de impulsar a posta en marcha de novos proxectos sen que supoña unha dificultade.
  • Aumenta o aproveitamento dos recursos: é importante que as empresas sobre todo as pemes organicen os seus recursos persoais e económicos de maneira que cada equipo se adique a unha actividade do negocio concreto. Neste sentido os partner tecnolóxicos a través do seu servizo de soporte, ofrecen formación personalizada a cada equipo sobre o uso das novas tecnoloxías, permitindo aproveitar o recursos de forma efectiva.

Por tanto, os partner tecnolóxicos son fundamentais para que as empresas poidan avanzar e coñecer as oportunidades que aporta a dixitalización. En concreto, para moitas pemes, os socios tecnolóxicos son a única opción de levar a cabo o proceso de transformación dixital e implantar as solucións TIC de maneira efectiva.

Lembrámosche que na actualidade permanece aberta a convocatoria de Re-acciona TIC a través do cal os diferentes axentes colaboradores dos tres servizos do programa axudan ás pemes na implantación de solucións tecnolóxicas orientadas á Industria 4.0. Para máis información accede á web https://reacciona.igape.es/

Fontes: https://bit.ly/2V3cXxHhttps://bit.ly/2y52Jm3https://bit.ly/2ICiaWt