
20 Mar A tecnoloxía wearable aplicada ás fábricas
O termo wearable fai referencia ao conxunto de aparatos e dispositivos tecnolóxicos deseñados para ser levados polo usuario en forma de prenda ou complemento, sendo esta a súa principal vantaxe, posto que son dispositivos que van directamente coa persoa.
No ámbito industrial, os wearables teñen un papel importante como habilitadores dixitais. Son tecnoloxías que empregan o Internet das Cousas (IoT), convertendo obxectos en información dixital para o seu posterior tratamento. Isto permite aos traballadores ser máis eficientes e produtivos ademais de traballar con mais seguridade, aportando valor aos procesos de fabricación.
Neste contexto os dispositivos que máis destacan son os Smart Watches (reloxos intelixentes) e as Smart Glasses (gafas intelixentes).
Os reloxos intelixentes, dentro da contorna da fábrica, teñen como funcións a recepción e información de alertas, a recollida de información biométrica e de posicionamento GPS e a visualización de datos. Con este dispositivo os traballadores dunha planta poden recibir alertas sobre o funcionamento das máquinas e resolver as incidencias sen necesidade de parar a liña de produción. Ademais, este dispositivo incorpora sensores que permite a monitorización dos movementos do operario, xerando alertas ao traballador e á central en caso de se atope nunha situación de risco, mellorando así a seguridade do operario.
Por outra banda estarían as lentes intelixentes, permite aos traballadores recibir información das máquinas utilizadas, ademais de obter indicacións de traballo sen necesidade de desprazarse do seu posto de traballo. As lentes tamén poden incluír cámaras que permitan gravar vídeos e sacar fotografías para crear rexistros documentais das operacións.
Outro dispositivos wearables que se están facendo un oco na industria 4.0 é o exoesqueleto. Este consiste nun armazón externo adherido ás costas, brazos e pernas do traballador que facilita a realización de determinadas tarefas, como manterse durante máis tempo en posturas forzadas ou manipular pezas demasiado pesadas, evitando o risco de posibles lesións dos operarios.
Finalmente, outro dispositivo do que podemos falar son dos guantes intelixentes, os cales ademais de cumprir una función de protección, permitirán accionar una máquina só con tocala.
Estes son só algúns exemplos de utilización da tecnoloxía wearable no ámbito industrial, pero son ilimitadas as posibilidades de integración destes dispositivos coa roupa e o equipamento dos traballadores, así como as aplicacións para a recollida e envío da información para o seu tratamento.
Fonte: https://bit.ly/2u9eJOQ; https://bit.ly/2O854B1; https://bit.ly/2CjRTIy