fbpx

Que erros comenten as empresas á hora de implantar proxectos de #Industria40?

Que erros comenten as empresas á hora de implantar proxectos de #Industria40?

Unha vez que as empresas deciden iniciar o seu proceso de transformación cara a Industria 4.0, estas deben ter en consideración determinados erros que poden cometer nas fases de implantación do proxecto, que de non xestionalos ben o proceso de dixitalización podería fracasar.

Por iso, explicámosche os erros máis comúns que cometen as empresa á hora de implantar un proxecto de Industria 4.0:

  • Falta de dirección estratéxica e dun equipo participativo e cualificado: un dos primeiros pasos para abordar un proxecto de Industria 4.0 é ter unha estratexia dixital acorde as necesidades da empresa. En moitos casos a iniciativa dixital formulada non se adecúa á estratexia da empresa. Ademais para garantir o éxito do proceso é importante contar cunha correcta xestión do proxecto a través dun liderado participativo e dun equipo que garanta a implantación do proxecto segundo a estratexia inicial.
  • Elección errónea da tecnoloxía: o proceso de dixitalización non consiste en implantar todas as tecnoloxías posibles, senón que consiste en utilizar as ferramentas dixitais que se adapten ás capacidades da empresa, que permitan transformar os procesos xerando máis valor.
  • Ausencia de previsión e medición do impacto: antes de iniciar calquera proxecto dixital así como durante a súa implantación, é necesario cuantificar o seu impacto económico e medir a súa efectividade para poder tomar as decisións correctas.
  • Mala planificación: as iniciativas dixitais teñen que ter un unha planificación con resultados reais e visibles a curto prazo. Ademais cando existe unha mala planificación, na que se superan os custos previstos ou se prolonga o tempo de execución a empresa pode perder interese no proxecto de Industria 4.0.
  • Pouca preocupación pola xestión da seguridade dos datos: unha das principais preocupacións que deberían ter os encargados de liderar a transformación é a de contar cos procesos axeitados para extraer e manipular a información a través das TICs de forma segura.

Estes son algúns dos erros que as empresas deben considerar e evitar no seu camiño cara a Industria 4.0.

O programa Re-acciona TIC axuda a definir un  itinerario a seguir ademais de apoiarte nos primeiros pasos da empresa para o desenvolvemento de proxectos vinculados coa Industria 4.0. Lembra que tes ata o 21 de marzo para solicitar os servizos da segunda convocatoria do programa. Para máis información accede á web https://reacciona.igape.es/

Fontes: https://bit.ly/2Ce7Tfb; https://bit.ly/2yCa8Ho