
05 Mar A figura do digital manager, clave para o proceso de dixitalización
Cada vez son máis as empresas que toman conciencia da importancia de iniciar o proceso de transformación dixital, un proceso necesario para a supervivencia da compañía. Isto trae como consecuencia que as empresas teñan que cambiar de estratexia, o que supón un gran reto para elas, pero tamén unha grande oportunidade de crecemento.
Dentro dese cambio de estratexia, unha das figuras clave para o éxito deste proceso é o digital manager. Este ten como función definir a estratexia dixital da empresa e axudar a introducir as novas ferramentas dixitais en toda a organización, desde novas canles e procesos ata a incorporación de ferramentas de analítica de datos.
Queres coñecer cales son as funcións que pode desempeñar a figura do digital manager?
- Dirixir o cambio: será a persoa responsable de liderar o cambio á dixitalización. Encargarase de dirixir e formar o persoal da empresa, para o que terá que coñecer todos os departamentos, así como as súas funcións. Ademais, debe xerar o compromiso de toda a compañía para lograr os obxectivos marcados.
- Analizar e supervisar: cómpre que o digital manager coñeza a situación da empresa, en que nivel de dixitalización se atopa esta así como as función de cada departamento para preparar a estratexia para seguir.
- Planificar a estratexia dixital: será a persoa encargada de deseñar a identidade dixital para alcanzar os obxectivos marcados pola empresa. Ademais, debe definir novas estruturas de organización e novas formas de traballar, así como redeseñar os procesos e os sistemas para mellorar a vantaxe competitiva desta.
- Medir e informar: ten que introducir na empresa a cultura dos datos, é dicir, debe promover ferramentas que analicen a información e que permitan tanto coñecer a clientela, para poder anticiparse ás súas necesidades e mellorar a experiencia do usuario, como facer seguimento do avance dos procesos levados a cabo, así como o retorno do investimento realizado.
- Experimentar: é necesario que identifique tendencias e avalíe todas as novas tecnoloxías que vaian saíndo e que poidan facilitar o traballo.
Para conseguir que todas estas función se leven a cabo con éxito, o digital manager deberá facer partícipe do proxecto a toda a compañía. Contar co apoio de toda a organización será clave para lograr con éxito a dixitalización da empresa.
Agora que xa sabes cales son as función do digital manager, cres que esta figura é necesaria para impulsar a transformación dixital da túa empresa?
Fontes: https://bit.ly/2IHz3Ri; https://bit.ly/2H8F6Mf; https://bit.ly/2EqsHAB