
08 Jan Cales son os factores que impulsarán a túa #peme en 2019?
Para moitas empresas, o 2019 preséntase como un dos mellores anos pois, segundo o último informe realizado pola Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE), o 40,9 % das pemes ten expectativas de mellorar as súas vendas e o 56,3 % considera que as manterá.
Pero para que se produzan estas favorables expectativas, as pemes teñen que traballar e seguir introducindo melloras para conseguir un perfil máis competitivo. Por este motivo, a continuación enumerámosche os factores que terás que ter en conta para manter e mellorar a competitividade en 2019:
- Dixitalización: é un dos grandes retos aos que se enfrontarán as pemes neste ano, pois a transformación dixital non é unha opción, senón a solución para manterse no mercado e non desaparecer. A introdución das novas tecnoloxías na empresa implica modernizar e mellorar as áreas funcionais, as estratexias, os produtos ou a busca de novos modelos de negocio. As pemes que se dixitalicen acelerarán e controlarán todos os seus procesos, incrementarán o seu negocio e volveranse máis eficientes e produtivas grazas á intelixencia dos datos. Ademais, serán mais rápidas á hora de dar resposta ás necesidades dos usuarios, o que mellorará a relación coa clientela.
- Responsabilidade social empresarial: a implantación de políticas de RSE implica un crecemento empresarial e unha vantaxe competitiva. As empresas responsables melloran a súa imaxe e reputación e conseguen un mellor posicionamento da marca, permitindo o acceso a novos segmentos de mercado. Ademais a RSE permite reducir os custos das operación polo que tamén gañarás en eficiencia.
- Innovación: tanto empresarial como tecnolóxica, é o principal factor de crecemento das empresas. Á hora de investir en innovación, un dos principais obxectivos que se debe ter en conta é a mellora da competitividade, aínda que non só se pode buscar a optimización dos recursos ou a redución dos custos. Tamén se deberá considerar o crecemento e o desenvolvemento do negocio, captando a clientela e abrindo novas posibilidades de mercado, e deseñando novos produtos e modelos de negocio. Coa innovación, as pemes poderanse adaptar ás necesidade de maneira eficiente.
- Internacionalización: é unha das grandes oportunidades das pemes para dar a coñecer o seu negocio, pois multiplica as posibilidades de éxito e posiciónaas á altura das grandes compañías. Por iso é outro do grandes factores para mellorar a competitividade e a produtividade das pequenas empresas.
En definitiva, estes son os catro grandes factores que as pemes deberán ter en conta neste novo ano para que as súas expectativas de crecemento poidan verse cumpridas.
Fontes:https://bit.ly/2GWzwOA; https://bit.ly/2O7sJjw; https://bit.ly/2RxQS8K