fbpx

Como mellorar a competitividade da túa #peme co uso das #TICs?

Como mellorar a competitividade da túa #peme co uso das #TICs?

As novas tecnoloxías están cambiando o mundo laboral e empresarial, sendo moitos os beneficios que aportan ás pemes, pois permite aforrar en custos e aumentar a eficiencia e produtividade, o que se traduce nun incremento da vida da empresa e unha mellora na competitividade. Pero, para moitas empresas, a introdución das novas tecnoloxías sigue sendo unha tarefa pendente.

A continuación dámosche algúns consellos para mellorar a competitividade do teu negocio co uso das TICs:

  • Dixitaliza o teu negocio de forma progresiva: é importante que elabores unha estratexia axeitada aos teu obxectivos para ir desenvolvéndoa pouco a pouco. Para elo, podes realizar un estudo inicial para determinar a situación actual da empresa e cales son as necesidades que presenta a túa peme.
  • Facilita a mobilidade empresarial para unha maior eficiencia: grazas á aparición da nube, a contorna laboral experimentou cambios moi beneficiosos. Tanto os traballadores como os directivos da empresa poden desenvolver as súas tarefas desde calquera localización.
  • Automatiza as tarefas: a intercoñexión dos dispositivos a través do IoT facilita a xestión e control das actividades obtendo unha maior produtividade e reducindo os custos.
  • Aproveita toda a información que nos proporcionan as TICs: na era dixital os consumidores son cada vez máis esixentes, demandando atención mais personalizada, polo que debes empregar un bo servizo de Big Data. Esta tecnoloxía aporta moita información que permite elaborar patróns de comportamento dos usuarios, a través dos cales podemos obter moitas oportunidades de negocio e mellorar a experiencia dos consumidores.
  • Emprega as redes sociais para mellorar a comunicación: as novas tecnoloxías están cambiando a forma de comunicarse cos usuarios. As redes sociais permiten dar información detallada sobre a empresa ademais de ser un medio idóneo para coñecer as opinións do noso público obxectivo.

 

Estes son só algúns consellos que toda peme debería ter en conta para ser mais produtivas e competitivas na era dixital, pois o proceso de dixitalización é un dos retos obrigados para calquera empresa. Todas aquelas que non introduzan as novas tecnoloxías no seu negocio perderán presencia no mercado.

Fontes: https://bit.ly/2M869qphttps://bit.ly/2yYabMXhttps://bit.ly/2QQRO8x