fbpx

Como mellorar a túa estratexia de social media?

Como mellorar a túa estratexia de social media?

Na actualidade as redes sociais son unha ferramenta clave na estratexia de marketing dixital para xerar novas oportunidades de negocio, captar nova clientela ou fidelizar a xa existente.

Por iso, conscientes da importancia das redes sociais para un negocio, expoñémosche unha serie de pautas  para elaborar unha boa estratexia en redes sociais:

  • Definir os obxectivos nas redes: estes poden ser mellorar a túa imaxe de marca, incrementar as vendas etc. Constitúe o paso máis importante na túa estratexia, pois todas as decisións posteriores que tomes virán determinadas polos obxectivos marcados. O importante é que sexan realistas, medibles e alcanzables.
  • Identificar o teu público obxectivo: en función dos obxectivos marcados, o público ao que te vas dirixir será diferente. Determinar algúns datos, como a idade, o sexo, o estilo de vida etc., será fundamental para saber que tipo de contidos publicar, ademais de indicarnos en que rede social se atopará a nosa clientela potencial.
  • Elixir a rede social axeitada: definidos os obxectivos e identificado o público potencial, debes elixir a rede social, pois cada unha ten una metodoloxía de traballo diferente. Por exemplo, Facebook é a rede con máis usuarios e permite traballar con anuncios de pago; LinkedIn, como rede social profesional, pode servir para crear relacións con outros profesionais; Twitter, co uso de hashtags, axuda a incrementar a visibilidade da empresa; e Instagram reforza a imaxe da marca mediante fotografías.
  • Crear e planificar o contido: debes crear contido orixinal e de calidade que xere valor para os seguidores, ademais de combinalo con contido visual e programar as publicacións para evitar que se solapen ou quedar curto.
  • Medir os resultados: é importante para ver o impacto da túa actividade en redes sobre o teu público e comprobar se a túa estratexia ten bos resultados ou debes redeseñar unha nova. Para iso, as propias redes sociais contan con ferramentas para coñecer o alcance das publicacións e realizar un seguimento da estratexia.

En definitiva, cada peme debe ter unha estratexia de social media diferente, en función do sector ou do mercado ao que se queira dirixir. Pero o que debes ter claro é que, a día de hoxe, son un factor clave de posicionamento e de mantemento no mercado.

Fontes:https://bit.ly/2RRX8Vohttps://bit.ly/2QEKadahttps://bit.ly/2T739yMhttps://bit.ly/2B1RlXs