fbpx

Consellos para mellorar a #ecommerce das pemes

Consellos para mellorar a #ecommerce das pemes

No proceso de dixitalización empresarial, un dos maiores retos aos que se enfrontan as pemes e micropemes é a súa transición ao comercio electrónico. Debido ao uso de Internet, así como das tecnoloxías, os hábitos de compra dos consumidores están cambiando, pois xa poden comprar dende calquera lugar a través de diferentes dispositivos. Por este motivo, na actualidade o ecommerce está en constante crecemento, o que obriga as pequenas empresas a modificar a súa estratexia de venda.

A continuación expoñemos algúns consellos para a túa tenda en liña:

  • Web sólida e atractiva: a túa páxina web debe ter unha boa aparencia visual, pois é un dos factores máis importantes de compra, e contar cunha estrutura intuitiva, xa que garantirá a boa experiencia do usuario. Ademais, para que sexa máis atractiva a web, podes introducir unha páxina de “quen somos”, onde se detalle o tipo de peme que es, que produtos ofreces e que é o que te diferencia da competencia, así como incluír información de contacto da empresa (correo electrónico, enderezo ou redes sociais).
  • Accesibilidade a todos os dispositivos: é importante que, ademais, esa web sexa compatible con todos os dispositivos móbiles, debido ao incremento das compras en liña mediante teléfono.
  • Soporte en liña: ofrecerlle ao consumidor un soporte que permita garantir a resolución de problemas antes ou despois das compras, como pode ser a utilización dun chat na propia web, será unha boa estratexia para a fidelización da clientela.
  • Opcións de pago: ofrece unha ampla variedade de pago, de forma que a compra se faga facilmente. Ademais, se permites que a clientela poida crear unha conta na túa páxina, a información de pago quedará gardada para futuras adquisicións.
  • Publicidade nas redes sociais: publicitar a túa empresa mediante as canles de redes sociais será unha boa solución para conectarte coa clientela potencial. Ademais, son un medio no que os compradores poden cualificar os teus produtos e servizos. Isto axudará a aumentar a confianza dos compradores e animará a novos consumidores.
  • Blog: coa creación dun blog dentro da túa web poderás, por exemplo, describir e asesorar sobre o uso dos teus produtos ou compartir información referente ás novidades dos teus servizos. Esta estratexia, ademais de xerar tráfico na tenda en liña, facilitará a confianza entre os compradores.
  • Loxística: se facilitas o envío dos produtos de xeito gratuíto, incentivarás as compras.
  • Google Analytics: esta ferramenta permite rastrexar a actividade de venda, así como o comportamento da clientela. Con este seguimento poderás obter información sobre a estratexia que debes seguir para fomentar as compra na túa tenda.

 

Con todo, estes só son algúns consellos de como afrontar a túa estratexia de ecommcerce, pois este modelo de negocio está en constante evolución, o que provoca que haxa que afrontar diferentes estratexias segundo os cambios que vaian experimentando as novas tecnoloxías.

Fontes: https://bit.ly/2NnQUtE;https://bit.ly/2NlQvrNhttps://bit.ly/2NtXHmX