fbpx

Aplicación do Internet Industrial das Cousas nas fábricas

Aplicación do Internet Industrial das Cousas nas fábricas

O internet industrial das cousas (IIoT) considérase a tecnoloxía base da industria 4.0. Consiste nunha rede de redes que conecta persoas, dispositivos, procesos e bens en toda a etapa da liña de produción, o que permite operar e optimizar as fábricas.

Ademais da influencia do internet industrial das cousas nos procesos de fabricación, é importante a súa implicación noutras partes da cadea de valor, clave para alcanzar o éxito da fábrica intelixente e o seu contorno. A continuación detallamos os usos do IIoT na industria 4.0:

  • Fábrica dixital: o uso máis coñecido da IIoT. Con esta tecnoloxía pódese transmitir información entre os socios, os fabricantes e demais persoal coas máquinas. Isto permítelles aos xerentes e xefes de fábrica aproveitar a automatización para optimizar os procesos.
  • Xestión de instalación: o uso de sensores nas máquinas posibilita crear alertas de mantemento cando resulta necesario. O correcto funcionamento das máquinas permítelles aos fabricantes aforrar enerxía, reducir custos, eliminar o tempo de inactividade da máquina e aumentar a eficiencia operativa.
  • Seguimento da produción: o seguimento en tempo real da produción, dende o proceso inicial ata o envasado do produto final, grazas ao uso do IIoT, facilita o axuste das operacións para mellorar a xestión dos custos operativos. Ademais, posibilita que se poidan supervisar os posibles atrasos e eliminar os refugallos e o inventario innecesario.
  • Xestión do inventario: esta tecnoloxía proporciona un seguimento na cadea de subministración e recompila as estimacións realistas do material dispoñible, o traballo en progreso e o tempo estimado de chegada dos novos materiais, o que optimiza a oferta e reduce os custos.
  • Control de calidade: os sensores de IIoT poden recoller información sobre os produtos nas diferentes etapas de produción. Todos os datos recompilados pódense analizar para identificar e corrixir posibles problemas de calidade.
  • Loxística: o uso de IoT proporciona acceso á información da cadea de subministración en tempo real, mediante o seguimento dos materiais, os equipos e os produtos. Esta información axudará aos fabricantes a predicir problemas, reducirá o inventario e, consecuentemente, tamén diminuirá os requisitos de capital.

 

En consecuencia, o IIoT proporciónalles aos fabricantes a posibilidade de analizar todos os datos en cada etapa da produción e, así, obter unha maior comprensión dos procesos. Isto fará que as fábricas poidan ter equipos máis eficientes, ao aumentar a automatización, e lograr unha maior rendibilidade.

Fontes: https://bit.ly/2oUbDLOhttps://bit.ly/2wL1be3https://bit.ly/2O7HPWT