fbpx

Coñece as experiencias en Re-acciona TIC: Hidrofersa

Coñece as experiencias en Re-acciona TIC: Hidrofersa

No ano 2015, o Igape, en colaboración con Amtega, puxo en marcha un novo programa, o Reacciona Industria 4.0, centrado na mellora da competitividade a través de diferentes servizos TIC.

Dende a primeira edición, en setembro do ano 2016, o balance de resultado é moi positivo.

Unha das empresa que se acolleu ao programa Re-acciona TIC foi Hidrofersa, fundada no ano 1959 para lle dar soporte de mantemento á frota pesqueira do porto de Celeiro. Na actualidade conta con dúas liñas de negocio: a fabricación de repostos ou partes segundo plano ou baixo mostra, na que destaca a fabricación de engrenaxes e trens de engrenaxes; e o deseño, desenvolvemento e fabricación de maquinaria a medida, na que destaca o seu produto de cabrestantes industriais e maquinaria de cuberta no sector naval-militar.

hidrofersa

Esta peme galega participou no servizo de diagnose das capacidades e aplicación das solucións da industria 4.0 que ofrece o programa Re-acciona TIC co fin de coñecer a situación actual da empresa e establecer un itinerario de accións para implantar as solucións tecnolóxicas necesarias para a adaptación da compañía á industria 4.0.

Por iso, unha das conclusións do proxecto foi a de centrarse na conectividade das máquinas para a extracción e a explotación dos datos que se obteñen no proceso de produción.

En palabras do seu director xerente: “Grazas ao servizo Re-acciona TIC, unha vez realizado o diagnóstico 4.0, temos claro cales serán os próximos pasos que debemos de realizar para conseguir unha mellora continua, apoiados no avance tecnolóxico dentro da filosofía da industria 4.0.”

Podes ver a súa entrevista na nosa canle en Youtube na seguinte ligazón.