fbpx

Como podemos ser unha #FabricaIntelixente?

Como podemos ser unha #FabricaIntelixente?

A industria 4.0 supón un dos principais retos aos que se enfrontan as empresas, pois é una oportunidade clave para mellorar a competitividade e ser máis eficiente. Por iso, converterse nunha fábrica intelixente constitúe máis unha obriga que unha elección.

Polo tanto, cómpre considerar como as empresas poden iniciarse no proceso de adaptación a este modelo industrial. A continuación traemos algunhas ideas para axudar nesta adaptación:

  • Realizar unha análise da empresa para descubrir onde son máis deficientes os procesos e canto tardan en chegar os produtos ao mercado.
  • Descubrir os erros que se comenten á hora de reaccionar á demanda do mercado para introducir as melloras dixitais que máis encaixen na estratexia comercial.
  • Investir en tecnoloxía de información, sensorización e de procesado intelixente, que son a base da revolución industrial 4.0. Aínda que non fai falta incorporalas todas, hai que facer énfase nas máis produtivas e nas que mellor se adapten ao sector ao que pertenza como, por exemplo, instalar sensores nas plantas de fabricación ou usar un software que facilite a creación dunha base de datos centralizada.
  • Adecuar o persoal e captar talento, para que poidan adaptarse aos cambios en canto aos procesos de produción con tecnoloxías máis avanzadas. Teñen que saber como render ao máximo as TIC e optimizalas para obter os resultados esperados
  • Ser conscientes da importancia da ciberseguridade. Na industria 4.0 son moitas as tecnoloxías que se van utilizar e moitos os obxectos industriais que van estar conectados para o intercambio de información. Por este motivo, cómpre aplicar medidas de protección axeitadas para previr ataques que poidan alterar o correcto funcionamento das fábricas, co consecuente risco económico que iso pode supor.

 

Non hai dúbida de que non é fácil adaptar a túa empresa á industria 4.0, pero con estes consellos poderás iniciarte no proceso de transición para converterte nunha fabrica intelixente e beneficiarte, así, das súas vantaxes, que farán que recuperes todo o investimento realizado.

Fontes: https://bit.ly/2v1fNEphttps://bit.ly/2L71x2Zhttps://bit.ly/2OPiMbe