
14 Aug Tecnoloxías da #Industria40 imprescindibles para a túa #peme
Na actualidade o 90 % das empresas españolas non conta cunha estratexia dixital. Un dos aspectos fundamentais de que se dea esta situación é a falta de coñecemento respecto a este tema. Por esta razón, a continuación describimos as tecnoloxías imprescindibles para converter a túa peme nunha fábrica intelixente e conseguir que o teu negocio sexa máis forte e competitivo:
- Internet das Cousas (IoT): fará que moitos dos dispositivos de produción estean interconectados, permitindo a comunicación entre eles e logrando, así, que se poidan tomar decisións estratéxicas ao instante.
- Big data e blockchain: saber ler, agrupar e aproveitar a cantidade de datos que nos dan os dispositivos conectados entre si proporciónanos información moi valiosa para mellorar a xestión e os recursos das empresas. O blockchain permítelles ás empresas compartir información dixital entre o seu persoal, que non se poderá modificar sen a aprobación de todos os membros da rede, o que a converte nunha tecnoloxía transparente e moi segura.
- Ciberseguridade: o gran volume de datos que forma o big data necesita dun mínimo de seguridade para preservar a confidencialidade e a privacidade desta información (unha obrigación a partir de maio de 2018).
- Robótica: combinar o poder dun robot coa intelixencia humana pode achegar moito valor á cadea de subministracións da túa empresa.
- Fabricación aditiva: este tipo de proceso posibilita a construción de obxectos capa a capa do mesmo xeito que fai a impresión 3D. Este singular método de fabricación permite que se poidan construír pezas cunha considerable redución de tempo en comparación cos métodos tradicionais e un aforro debido a que os seus compoñentes son máis baratos.
- Realidade virtual: a realidade virtual permite fabricar un produto en formato dixital, sen ter que gastar tempo e diñeiro na fabricación dun produto físico.
- Realidade aumentada: a súa capacidade de mesturar a realidade co virtual abrirá un mundo de solucións e posibilidades dentro do sector empresarial.
Moitas empresas tenden a caer no erro de pensar que ser unha industria 4.0 unicamente implica ter unha páxina web, utilizar redes sociais e almacenar datos na nube, pero como acabas de ver existen moitos avances tecnolóxicos. Se logras adaptar a túa peme aos novos sistemas de xestión e produción, poderás ter un negocio máis competitivo.
Fontes: https://bit.ly/2v7NYYY; https://bit.ly/2rhRp2v; https://bit.ly/2MqcscD