fbpx

A #FábricaIntelixente como clave para a optimización da produción

A #FábricaIntelixente como clave para a optimización da produción

A industria 4.0 é o modelo de produción que ten en conta as novas tecnoloxías introducidas nas fábricas, a través de sensores e sistemas de información, o que se denomina como a #FábricaIntelixente.

O concepto de  #FábricaIntelixente pódese definir como a dixitalización da industria e todos os servizos. É dicir, que o mundo virtual e real se fusionan nas fábricas, aplicando novas tecnoloxías da información para obter una maior conectividade que permite que as persoas, os recursos e as máquinas poidan compartir información a través da chamada Internet das cousas (IoT) en todos os procesos produtivos.

Na industria 4.0 están integrados case todos os procesos produtivos e loxísticos da empresa. Desta forma, conseguimos un modelo máis intelixente, automatizado e efectivo. Así, a aplicación desta innovación nunha organización xera as seguintes vantaxes:

  • Produción ininterrompida e baixo demanda: coa nova tecnoloxía os procesos de fabricación son máis depurados e repetitivos, o que posibilita producir as 24 horas.
  • Mellora da calidade: estes procesos repetitivos e automatizados da empresa 4.0 reducen as imprecisións e os defectos. Ademais, auméntase a precisión na execución de detalles de fabricación e redúcense os tempos mortos e as interrupcións. Todo iso tradúcese nunha optimización na calidade dos produtos.
  • Aumento na seguridade do persoal: a aparición das máquinas diminúe o risco das persoas, xa que é a elas ás quen se lles asignan as tarefas.
  • Aforro nos custos de produción: a confluencia de todas as vantaxes anteriores deriva nun aforro de custos, pois empréganse menos recursos na cadea de fabricación. Desta forma, requírese menos persoal e diminúe a materia prima e os compoñentes utilizados.
  • Axilidade na toma de decisións: a información na industria 4.0 flúe de forma máis rápida, o que significa que temos maior capacidade de análise sobre os datos que obtemos. Desta forma, conseguimos tomar decisións máis acertadas, grazas ao big data.
  • Incremento na competitividade da empresa: as vantaxes dunha industria 4.0 fan que os procesos de fabricación sexan máis flexibles, o que leva a que a empresa dea respostas máis adecuadas ás necesidades da súa clientela, en particular, e do sector, en xeral. A oferta é dunha calidade maior e reacciónase en menos tempo. Todo iso sitúa a organización nunha situación óptima para competir ao máis alto nivel.
  • Maior alcance a clientela potencial e mellor atención: grazas á dixitalización da comunicación a través das redes sociais, a empresa ten a capacidade de chegar a un maior número de clientela potencial. Por esa mesma razón, optimízase a xestión comercial e mellórase a experiencia desta clientela.

 

En definitiva, todas estas vantaxes derivan nunha optimización de produción debido ás tecnoloxías que participan na industria 4.0 que cambian, ademais do proceso de produción, o produto, que é máis intelixente, e os modelos de negocio. Polo tanto, converterse nunha empresa 4.0 xa non é unha opción, pois ir por diante da competencia na revolución industrial significa impulsar o teu negocio.

Fonte: https://bit.ly/2AwvYiWhttps://bit.ly/2KAaqlxhttps://bit.ly/2M9yfSz