fbpx

Queres solicitar as axudas á dixitalización Industria 4.0?

Queres solicitar as axudas á dixitalización Industria 4.0?

As axudas á transformación dixital Industria 4.0 das pemes galegas  convocadas para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva, van destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa o soporte de procesos sectoriais multiempresa, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor e outros que impliquen necesariamente a interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas.

Estes proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.

b) Proxectos individuais, nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

  • Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
  • Implementación de sistemas específicamente no ámbito da produción e loxística encamiñados á dixitalización de procesos, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados mediante sensórica.
  • Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos.

Ademais, estes proxectos terán que someterse a unha avaliación. Para elo, poderase utilizar o sistema de defensa pública do proxecto.

Finalizada, no seu caso, esta fase de exposición e defensa, o comité de valoración procederá a puntuar cada proxecto de acordo aos criterios estipulados na Resolución de 21 de setembro (DOG nº 245 de 28/12/17). Éstes terán que acadar unha puntuación mínima de 50 puntos agás os proxectos individuais de sistemas especificamente no ámbito da produción e loxística ou sistemas de intelixencia artificial que bastará con 30 puntos. Aínda que os proxectos colectivos terán preferencia sobre os individuais

Quen pode beneficiarse destas axudas?

As pemes que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

As empresas poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais ou colectivos. No caso de querer solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos, os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei de subvencións de Galicia. A dita agrupación terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia e cada agrupación só poderá presentar un proxecto. Ademais, as pemes poderán presentar proxectos individuais e participar nunha ou máis agrupacións, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

Cales son os investimentos ou gastos subvencionables?

  • Investimentos materiais novos e/ou inmateriais adquiridos en propiedade. Exclúese a adquisición e o acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina excepto elementos informáticos.
  • Colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto.
  • Nos proxectos de carácter colectivo, se se opta por contar cun organismo intermedio, este poderá facturar ás pemes participantes en concepto de gastos de coordinación do proxecto. Ese importe considerarase gasto subvencionable de colaboracións externas e dividirase entre todas as pemes participantes.

Os investimentos e gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no IGAPE.

Contía das axudas

A subvención será do 30% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 20% para as medianas.

A subvención será do 50% dos gastos de colaboración externas subvencionables para ambas as categorías de empresa, pequenas e medianas. Os gastos de organismos intermedios terán a consideración de colaboracións externas.

Ademais, as pemes beneficiarias da subvención a investimento deberán achegar unha contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante recursos propios ou mediante financiamiento externo.

Para solicitar as axudas o interesado deberá cumprimentar previamente un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

Lembra que tes de prazo ata o 21 de setembro.

Se queres obter máis información consulta a Resolución da Convocatoria na seguinte ligazón.