fbpx

6 consellos para que a túa peme sexa máis #responsable

6 consellos para que a túa peme sexa máis #responsable

Para moitas pemes a #RSE segue sendo un tema descoñecido, afastado ou exclusivo das grandes empresas. Pero as pemes ou micropemes tamén poden involucrarse no tema; a diferenza é simplemente o alcance e a escala dos programas e actividades a implementar.

Ademais, a RSE é un modelo de negocio que se constrúe paso a paso, podendo empezar con pequenas accións que vaian crecendo conforme o faga a empresa, e que sirva para integrar o sistema na súa forma de ser e de facer negocios.

A continuación propoñémosche varias iniciativas que axudarán ao teu negocio a ser máis sustentable:

  • Identifica medidas que se aliñen ao teu negocio. As medidas sustentables que resultan ser máis relevantes son aquelas que se aliñan directamente coas actividades do negocio. Por exemplo, se es unha tenda podes doar o exceso de inventario, vender produtos feitos responsablemente, se es contador podes enviar documentos electronicamente ou asesorar aos negocios a obter beneficios polas súas iniciativas sustentables,etc. Estas iniciativas poden provocar o entusiasmo da xente.
  • Toma a perspectiva dun cliente. Pensa que podes ofrecerlle á clientela para reducir o seu impacto ambiental mentres usan os teus produtos. Con isto gañarás a fidelización da clientela
  • Enfócate en actividades que che permitan ver resultados no curto prazo, como poderían ser proxectos de eco-eficiencia, onde ao facer un mellor uso dos recursos como a electricidade ou a auga, terase un menor impacto ambiental e tamén se xerarán beneficios económicos que se reflectirán en menores custos. Por exemplo, podes desconectar os compoñentes electrónicos e utilizalos ao máximo, apagalas luces cando non sexan necesarias ou utilizar sistemas de luz intelixente dándolle periodidade á luz natural, imprimir o menos posible, etc.
  • Evita comprar ou empregar produtos que xeren residuos. Ao realizar compras, busca produtos que sexan máis durables, de mellor calidade, reciclables ou que poidan ser reutilizados ou recuperados.
  • Tes empregados? Involúcraos ao propor con eles novas iniciativas para o negocio. Convida os teus colaboradores con maior entusiasmo a ser responsables. Pouco a pouco axudarán ao resto dos seus compañeiros a reducir as prácticas contaminantes.
  • Permite a posibilidade de traballo a distancia. Cando sexa posible, permite que os empregados traballen dende o seu fogar. Entre outros beneficios, esa medida contribúe a reducir a emisión de gases contaminantes e a conxestión do tránsito polo uso de medios de transporte.

 

Todas estas pequenas medidas facilitarán a integración da RSE no teu negocio.Trátase dun camiño longo pero que verás recompensado con todos os beneficios que pode aporta este modelo á túa empresa. Pensa ademais, que independentemente do tamaño, calquera empresa vai ter certos impactos económicos, sociais e ambientais e que fronte a estes, a empresa ten unha responsabilidade.

Fontes: https://bit.ly/2LI51Knhttps://bit.ly/2NLRgvFhttps://bit.ly/2LH3Jiuhttps://bit.ly/2JMTac1