
17 Jul A innovación responsable, a estratexia que motiva ás empresas
Tanto a innovación como a RSE son opcións estratéxicas indispensables para as empresas que apostan por un desenvolvemento competitivo no mercado. Cada vez máis empresas invisten en ambas estratexias dando lugar ao concepto de innovación responsable, que se consolida como unha das principais ferramentas de crecemento futuro para calquera sector de actividade, como resposta aos retos actuais que teñen que enfrontar empresas de todos os tamaños.
A innovación responsable defínese como a estratexia de negocios que incorpora a sustentabilidade en todas as operacións baixo un enfoque de ciclo de vida e cooperación a través da cadea de valor. É dicir, aquela que fai unha achega positiva ao trinomio de factores económico, social e ambiental.
Esta estratexia pode ser aplicada por todo tipo de empresas, independentemente do seu tamaño ou sector. O único requisito é que debe ser capaz de recoñecer a importancia dos retos que a sustentabilidade expón para o seu sector a longo prazo, e estar disposta a tomar medidas para converter estes retos en oportunidades.
Unha das motivación polas que as empresas deben integrar a innovación responsable é o aumento da competitividade empresarial. Esta estratexia inflúe non só na reputación e na credibilidade da compañía, senón tamén nos resultados económicos. A innovación responsable mellora as relacións coa comunidade, aumenta a satisfacción da clientela, empregados e investidores e, en conxunto, mellora a reputación da compañía a través do posicionamento no mercado, que se vai reflectir nun incremento da competitividade e, como consecuencia, na rendibilidade da empresa.
Ademais este sistema busca reducir custos con medidas máis eficientes, aumentando os ingresos con produtos más responsables e sustentables, polo que a empresa é máis eficiente.
Neste contexto, podemos dicir que a innovación responsable está a deixar de ser unha elección para converterse nunha estratexia imprescindible para o crecemento económico do negocio, independentemente do seu tamaño. Se ti tamén buscas o crecemento recorda que a innovación responsable é o modelo de negocio que pode converte a túa peme nunha gran empresa.
Fontes: http://bit.ly/2Nc8Is0; http://bit.ly/2L9KDVs; http://bit.ly/2uuIGbQ