fbpx

Como podes consolidar o posicionamento da túa empresa a través da #RSE?

Como podes consolidar o posicionamento da túa empresa a través da #RSE?

A RSE debe ser entendida como unha forma de xestión da empresa que implica a súa colaboración coa sociedade, que incorpora as preocupacións desta como parte da súa estratexia de negocio e que asume o compromiso de dar conta das súas actuacións a través da transparencia.

A implantación deste modelo implica dar resposta ás expectativas das persoas consumidoras, así como aos requirimentos doutras empresas ou administración públicas, o que converte a RSE nun potencial para fortalecer a competitividade e unha oportunidade para consolidar o seu posicionamento.

A continuación explicámosche os pasos que debes seguir para integrar a RSE na túa empresa:

  • Elaborar un diagnóstico do estado da empresa: a análise realizarase a nivel interno, externo e comparativo. O interno serve para determinar que prácticas se están levando a cabo na empresa. O externo permite saber cales son as necesidades e as expectativas dos grupos de interese que rodean a empresa, así como coñecer novos proxectos. E tamén resulta útil realizar unha análise comparativa de boas prácticas no sector.
  • Recoller un plan de acción da RSE: en base aos resultados das tres análises, estableceranse unhas prioridades e elaborarase un plan que marque accións concretas.
  • Deseñar un sistema de xestión: este axudará na implementación das medidas recollidas no plan.
  • Establecer un sistema de indicadores: servirá para controlar o progreso no cumprimento dos obxectivos.
  • Formar os persoal: por último, e non por iso menos importante, é necesario formar o persoal para que participe de maneira activa e directa no deseño e na implantación do sistema de xestión da RSE.

Trátase dun proceso largo e de mellora continua, pero que pode converter a túa peme nun negocio diferente, máis competitivo e produtivo, capaz de dar resposta ás novas esixencias da sociedade. Así mesmo, tamén pode constituír un factor de internacionalización, ao ser a túa peme máis atractiva para novos mercados. Polo tanto, a implantación da RSE eríxese como unha cuestión de estratexia.

Fontes: http://bit.ly/2tLRsCJhttp://bit.ly/2MF625Ohttp://bit.ly/2tKNYjK