
12 Jun ADAPTA A TÚA WEB AO #RXPD
Posted at 10:30h
in blog
Tras a implantación do novo RXPD, calquera profesional,independentemente do seu país de orixe ou actividade, que recade, use ou xestione información sobre un usuario da UE,deberá adaptar a súa web conforme a nova normativa.
A continuación detallámosvos que debedes facer:
- Implantar unha declaración de tratamento de datos no documento de seguridade:esta declaración deberá incluír os procesos e as medidas de seguridade que se aplican a todos os tratamentos. Coa nova normativa esta novidade vén substituír o antigo ficheiro de datos, no que se debía rexistrar un arquivo por cada tipo de información que tratara a empresa.
- Ser transparente: é obrigatorio informar os usuarios, de forma clara e sinxela, sobre a identidade e a finalidade da información que se recolle, o tempo de conservación dos datos, o tratamento que se lles dá e os dereitos que teñen os usuarios sobre eles.
- Obter consentimento expreso: os usuarios deben manifestar o seu consentimento de maneira libre, expresa e inequívoca e será a empresa a responsable de acreditar este consentimento expreso. Por iso, en todas as sesións da páxina web cómpre incluír unha caixa de verificación para marcar a política de seguridade e non será posible o consentimento por defecto.
- Implantar o documento de seguridade e o tratamento con persoas alleas: estes dous documentos son imprescindibles. No documento de seguridade recóllese o plan de protección de datos e indicacións sobre como actuar en caso de perda ou roubo. Por outro lado, o tratamento con terceiros é un contrato de confidencialidade que se debe establecer con todos os provedores que teñan acceso á web.
- Dotar de dereitos os usuarios:a empresa debe ter mecanismos habilitados para que os usuarios poidan acceder facilmente aos seus datos, modificalos ou suprimilos.
- Establecer mecanismos para notificar incidencias nos datos: o RXPD esixe informar os usuarios e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) en caso de producirse unha fuga de información. Lembra que, no caso de non adaptar a túa web á nova normativa, poderás incorrer en graves sancións. Por tanto, debes ter en conta toda esta información.
Fonte: https://ayudawp.com/guia-fundamental-rgpd-wordpress/; https://www.espaciopymes.com/noticias/pasos-para-adaptar-la-pagina-web-al-rgpd/; https://legalidadonline.com/como-adaptar-blog-la-nueva-ley-proteccion-datos/;