
29 May Está a túa peme adaptada ao #RGPD?
O pasado 25 de maio entraba en vigor o novo Regulamento Xeral de Protección de Datos. Esta norma aplícase de maneira directa en toda a Unión Europea e baséase na protección das persoas físicas respecto ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes.
Recentemente, a Axencia Española de Protección de Datos publicou unha “folla de ruta” sobre como adaptarse a este regulamento. A continuación, lembrámosvos as principais novidades que trae consigo esta nova normativa:
- Designar un delegado de protección de datos (DPD), no caso de que sexa obrigatorio para a empresa. Se non é necesario designar un DPD, debemos identificar a persoa ou as persoas responsables de coordinar a adaptación a este novo regulamento. En calquera caso, antes de tomar esta decisión, temos que valorar se estas ofrecen as garantías suficientes para levar a súa tarefa de forma adecuada e adaptar o seu contrato a esta nova función.
- Elaborar un rexistro de actividades de tratamento, tendo en conta a súa finalidade e a súa base xurídica. É imprescindible documentar todas as actuacións realizadas para poder acreditar a dilixencia no cumprimento do RGPD.
- Realizar un análise de riscos, de xeito que obteñamos unha valoración obxectiva e, en consecuencia, poidamos decidir as medidas que se poden implantar para mitigalos e realizar, no seu caso, unha avaliación de impacto na protección de datos.
- Establecer mecanismos e procedementos de notificación de quebras de seguridade.
- Respectar o dereito de información. É imprescindible adecuar os formularios aos novos cambios introducidos polo RGPD, en concreto, respecto á identificación do responsable, a finalidade da obtención destes datos, a base xurídica ou a lexitimación para o tratamento e o dereito de desestimación do consentimento. Todas estas cuestións deben expresarse de forma clara e sinxela.
Lembra que non adaptarse ao novo regulamento pode implicar importantes sancións económicas. Por iso, é importante introducir esta serie de cambios e obrigacións na actividade da nosa peme.
Fontes: https://bit.ly/2s1shKJ; https://bit.ly/2qJvezt; https://bit.ly/2kfdRTI; https://bit.ly/2kekkOS