fbpx

Coñece de preto a experiencia de Toldos Gómez no programa Re-acciona

Coñece de preto a experiencia de Toldos Gómez no programa Re-acciona

No ano 2012 o Igape puxo en marcha a primeira edición do programa Re-acciona, con once servizos de mellora da competitividade empresarial. Na actualidade atópase na súa quinta edición e o balance de resultados é moi positivo. Toldos Gómez é unha das empresas que se acolleu a este programa para optimizar os procesos de produción e mellorar así a súa eficiencia e competitividade. Para isto, contratou os servizos de relanzamento comercial e mellora na produción e a cadea loxística.

toldos_gomez

Esta entidade dispón de liñas de negocio especializadas en protección solar; elaboración de téxtiles técnicos; impresión dixital e rótulos; carpas e estruturas; lonas para o transporte; e cintas para a suxeición e elevación de cargas. Recentemente, multiplicou a súa capacidade produtiva coa construción dun novo edificio de 7000 metros cadrados no parque empresarial de Arzúa. Ademais da sede central, conta con centros produtivos en Santiago de Compostela, Bergondo e Lalín nos que dá emprego a 80 persoas.