fbpx

Lago Aves

lago-aves

Lago Aves

 

Razón social: Lago Aves, Huevos y Caza S.A.

lago aves logo

 

 

A entidade Lago Aves, co apoio do programa Re-acciona está a implantar un proxecto para mellorar o proceso produtivo. Esta compañía, cun forte compromiso coa eficiencia enerxética, aposta pola automatización dos procesos desde fai dez anos e nesta ocasión amparouse no servizo de mellora da produción e da cadea loxística ofrecido por Re-acciona para conseguilo.

A compañía pontevedresa, fundada en 1986, conta cunha facturación de 16 millóns de euros e con 40 empregados. Coa axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a do Igape, está a desenvolver unha inversión para implantar tecnoloxías innovadoras de sensorización avanzada para optimizar os procesos que lle permita consolidar a súa competitividade.