fbpx

Coñeces os beneficios que o posicionamento SEO ten para a túa peme?

Beneficios dun bo posicionamento SEO

Coñeces os beneficios que o posicionamento SEO ten para a túa peme?

O posicionamento en buscadores ou a optimización dos motores de busca son procesos para tratar de mellorar a visibilidade do noso sitio web nos resultados orgánicos (sen pagar) dos diferentes buscadores, principalmente Google. O SEO é unha das disciplinas que máis importancia está gañando nos últimos anos, por tratarse dunha ferramenta gratuíta.

Os principais beneficios que ten para a peme son:

  • Achega tráfico útil: cun bo posicionamento, accederan á nosa páxina, principalmente, persoas ás que lles interesamos realmente, e non as que se confunden de Tratan así de solucionar as súas dúbidas mediante os nosos contidos.
  • Proporciona maior rendibilidade: coa axuda dun bo profesional de SEO poderás rendibilizar rapidamente o investimento inicial e incluso superalo.
  • Mellora a visibilidade da túa marca: a túa páxina aparecerá nos primeiros postos dos resultados do buscador, polo que máis usuarios saberán da túa existencia. En internet todos os que non aparezan na primeira folla de resultados non existen.
  • Mellora das vendas: se o contido web é o idóneo e responde ao interese dos usuarios, as posibilidades de compra serán moito maiores.

 

Pero todos estes beneficios non se producirán nun período de tempo curto, terás que traballar diariamente e ser paciente, os resultados chegarán. Ademais, deberás ter en conta algúns erros que nunca debes cometer para non ser penalizado polos motores de busca e relegado ás últimas páxinas de resultados:

  1. Copia de contidos doutras páxinas: se copiamos o contido doutra páxina, o noso posicionamento verase afectado. O único que conseguiremos así será que os motores de busca o detecten e que nos penalicen por consideralo duplicado. Debemos ser creativos e orixinais á hora de escribir nas nosas canles.
  2. Erros 404 nos teus contidos: tratar de entrar nunha páxina e que salte un erro pode incomodar os nosos usuarios e provocar que non queiran volver. Por iso, debemos aproveitar este tipo de páxinas para ser creativos, darlle a volta a un problema e convertelo nunha oportunidade. Aínda que moitos non sexan conscientes, as páxinas de erro 404 poden ser editables e permiten inserir imaxes, textos ou animacións que as farán moito máis atractivas.
  3. Palabras clave xenéricas: os termos clave supoñen un dos elementos máis importantes para os motores de busca, xa que son as palabras que lle permitirán ao usuario encontrar a nosa páxina web a través do seu rastrexo. A selección deste tipo de termos ten que estar moi ben pensada e evitar palabras xerais que non digan nada ou que engloben unha gran cantidade de cousas. Debemos buscar aquilo que identifique en exclusiva o noso negocio.
  4. Falta de imaxes ou vídeos: é importante o uso deste tipo de elementos cos que podemos achegar unha maior cantidade de información ao usuario sobre os nosos produtos ou servizos dunha maneira máis rechamante. Ao utilizalos debemos ter en conta as etiquetas ALT, palabras clave que podemos engadir ás nosas imaxes para describir o que hai nelas. Os motores de busca non identifican este tipo de arquivos, a forma que teñen de entendelos é a través do pequeno texto descritivo que nos lle outorgamos.

 

Poñer en práctica todos estes consellos axudarache á hora de alcanzar un bo posicionamento, algo que no mundo dixital se converte en indispensable para existir. Para este tipo de estratexias, a axuda dun profesional é clave, xa que del depende a nosa supervivencia en internet.

 

Fontes: https://bit.ly/2GxPaLK, https://bit.ly/2tMcSSu, https://bit.ly/2i4JCjr, https://bit.ly/2GwM0YK, https://bit.ly/23QL0EL