fbpx

Claves para converterse en líder

Claves para converterse en líder

A transformación dixital non só ten que ver coa incorporación de novas tecnoloxías no ámbito empresarial, senón tamén con cambios culturais. Nestas circunstancias deben xurdir novos roles que substitúan os obsoletos. Un dos cambios principais que debe levarse a cabo é a erradicación de xefas ou xefes e o xurdimento de líderes, persoas capaces de moverse  na incerteza, que potencien a aprendizaxe e a curiosidade, que lideren o talento e aceleren o rendemento.

Coa chegada da xeración millenial atrás quedaron os modelos xerárquicos nos que xefes ou xefas se limitaban a dar ordes e estaban por encima do seu persoal. Na actualidade, coa innovación e as novas tecnoloxías á orde do día, só encaixará quen consiga adaptarse. Desta modificación dependerán, en gran medida, os resultados de negocio.

Algunhas das claves para converterse en líder son:

  • Guía, non controles: se queres ser líder, debes confiar no teu equipo e saber que logrará alcanzar os mellores resultados sempre e cando reciban apoio en lugar de control.
  • Adáptate: as persoas líderes caracterízanse por ser transixentes, saber recoñecer a valía do seu persoal, e deben ser capaces de adaptarse ás necesidades do seu equipo.
  • Fai que o cadro de persoal confíe en ti: debes estar alí onde se necesite axuda, ninguén nace sabendo. A experiencia profesional debe denotarse no trato dentro da empresa.
  • Pensa que o mérito non só é teu: debes ser xusto co traballo do teu persoal. Todo esforzo debe ser recompensado, así que demóstralle que valoras as súas funcións.
  • Motiva: anima as traballadoras e traballadores a dar o mellor de si mesmos. Debes ser capaz de ver as súas virtudes.
  • Sé respectuoso: non fagas que o persoal tema equivocarse, que che teña medo. Se as cousas non saen como deberían, deberás ser capaz de solucionalo cordialmente, con bo trato e tranquilidade. O respecto é clave para o crecemento persoal das empregadas e empregados.

Fontes: http://bit.ly/2oSBPpS , http://bit.ly/2tI0ZwN , http://bit.ly/2FKIDjI