
20 Mar Blockchain, unha rede de posibilidades para a peme
O blockchain ou cadea de bloques é unha base de datos replicada en moitos ordenadores ao mesmo tempo. Trátase dun libro de contas no que quedan rexistradas todas as transaccións levadas a cabo.
Esta nova tecnoloxía ábrelles un enorme abanico de posibilidades ás pemes, entre elas a xestión de contratos intelixentes ou smart contract. Este termo utilízase para denominar o programa informático que posibilita executar un acordo entre dúas partes. Permite recoller todas as cláusulas e a información de calquera contrato físico e almacenalas na súa cadea de bloques.
A súa aplicación no mundo empresarial posúe unha serie de vantaxes:
- Optimización: son autoexecutables, non necesitan intermediarios, polo que se reducen os custos de transacción. Xa non é necesario a presenza dun avogado ou un árbitro para a sinatura dun contrato ou un acordo.
- Seguridade: os datos son inviolables e imposibles de hackear.
- Confianza: o feito de que os documentos estean encriptados e almacenados en varios bloques fai que sexa practicamente imposible que toda esa información se perda ou que se poida modificar.
- Xestión dos recursos: coa axuda desta nova tecnoloxía desconxestionamos as persoas que antes levaban a cabo este tipo de traballos e, ademais, podemos reducir o fallo que nalgunhas ocasións ocasiona este tipo de tarefas repetitivas.
Non hai dúbida de que, a pesar de que esta tecnoloxía se encontre nunha primeira fase de desenvolvemento, permitirá introducir nas nosas vidas unha nova forma de intercambiar valor entre empresas e particulares.
Fontes: http://bit.ly/2IneVjk , http://bit.ly/2sc2FO7 , http://bit.ly/2DNusq0 , http://bit.ly/2FgVc6M , http://bit.ly/2Bewmhf