fbpx

COÑECE DE PRETO AS EXPERIENCIAS RE-ACCIONA: H2HYDROPONICS

COÑECE DE PRETO AS EXPERIENCIAS RE-ACCIONA: H2HYDROPONICS

A semana pasada celebrouse a undécima edición dos Premios EmprendedorXXI en Galicia. Este galardón, impulsado por CaixaBank e co-outorgado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, ten como obxectivo identificar, recoñecer e acompañar as empresas innovadoras co maior potencial de crecemento.

A primeira das finalistas foi H2Hydroponics, unha das empresas que se acolleu ao programa Re-acciona para incorporar melloras na competitividade en ámbitos como desenvolvemento do produto, xestión e comercial. Esta entidade encárgase do desenvolvemento tecnolóxico no ámbito agrícola con técnicas de crecemento que están a revolucionar as formas de produción de alimentos.

casos-de-exito-01

No seu invernadoiro de Nigrán fan posibles os cultivos en lugares con climas extremos. Incorporan tecnoloxías avanzadas de control ambiental, rega e fertilización conectadas aos móbiles. Posúen un sistema que lles permite aos usuarios a optimización dos recursos e o control a distancia dos seus cultivos. Ademais, conseguen reducir nun 80 % o consumo de auga necesaria con respecto a outros sistemas, e supón tamén aforros nos gastos eléctricos e nos custos de instalación.

Se ti tamén queres mellorar a competitividade da túa empresa, recorda que o prazo do programa Re-acciona aínda segue aberto ata o 23 de marzo. Infórmate na nosa web http://bit.ly/2aUP0D6.

Fonte: http://bit.ly/2Fls6De