fbpx

O programa Re-acciona celebra unha nova xornada sectorial sobre o sector agroalimentario

O programa Re-acciona celebra unha nova xornada sectorial sobre o sector agroalimentario

Esta xornada terá lugar o día 13 de abril na Confederación de Empresarios de Ourense. Nela falarase sobre os factores que dinamizan o crecemento do sector agroalimentario: a innovación, a implantación da tecnoloxía e a atención ao novo consumidor que está a cambiar as tendencias de consumo. A xornada, que comezará ás 9.30 e que se prolongará ata as 12 da mañá, iniciarase cun café de benvida. Logo deste, haberá unha mesa redonda na que se tratarán as experiencias Re-acciona. Nela intervirán as empresas Biscuits Galicia e Lago, aves, huevos y caza, así como o  presidente da CEO e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Tras os casos de éxito Re-acciona, pasarase a un relatorio no que falarán os representantes das empresas Aceites Abril e Galician Original Drinks (Nordesía). Para rematar, procederase á presentación dos servizos Re-acciona para a mellora da competitividade das pemes galegas da man de José Manuel Fernández, xerente do Igape, e finalizarase cunha rolda de preguntas.

Este tipo de xornadas están especialmente dirixidas a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector. Toda a infromación sobre a xornada está na páxina web de Re-acciona (https://bit.ly/2pdC6Vj)