fbpx

COÑECE DE PRETO A EXPERIENCIA RE-ACCIONA: Paco&Lola

COÑECE DE PRETO A EXPERIENCIA RE-ACCIONA: Paco&Lola

No ano 2012 o Igape puxo en marcha a primeira edición do programa Re-acciona con once servizos de mellora da competitividade empresarial. Na actualidade atópase na súa quinta edición e o balance de resultados é moi positivo. Estes resultados puidéronse observar durante as visitas que o director do Igape realizou a algunhas das empresas que participaron no programa.

blog_reacciona

 

Unha das visitas foi á empresa Paco&Lola, unha cooperativa vitivinícola arousana. Esta adega é a principal sociedade cooperativa produtora de viños ao abeiro da denominación de orixe Rías Baixas.

Esta peme galega participou en catro dos servicios que ofrece o programa Re-acciona co fin de mellorar a competitividade a través dun servizo de redefinición do modelo de negocio e co impulso, tamén, do desenvolvemento dunha nova liña de negocio centrada na venda directa ao cliente final e a realización de presentacións exclusivas.