fbpx

A mellora da eficiencia da peme no contorno dixital

A mellora da eficiencia da peme no contorno dixital

O cambio dixital abordado polas pequenas e medianas empresas non só busca adaptación senón tamén a optimización dos seus procesos, a mellora dos resultados e o incremento da súa rendibilidade. Para mellorar este aspecto existen cinco elementos que cómpre ter en conta:

  • A innovación: débese considerar non só a innovación tecnolóxica, senón unha mellora que afecte a todos os elementos que compoñen a empresa. A innovación é unha cuestión de actitude que está ao alcance de calquera empresa.
  • A colaboración: as pemes deben impulsar o traballo en equipo entre os seus membros, pero tamén a colaboración entre empresas. Intercambiar coñecementos e información pode facilitar o seu crecemento
  • A integración: as entidades deben garantir a integración tecnolóxica que permita impulsar o traballo en equipo. Na actualidade xa existen numerosas ferramentas coas que poder incorporar solucións especializadas para cada momento.
  • A escalabilidade: hai que saber reaccionar e adaptarse ás novas situacións que poidan xurdir sen deixar de crecer de forma constante
  • A xestión dos recursos: as pemes que queiran ser competitivas e eficientes deberán saber xestionar os seus recursos, posuír unicamente as cousas necesarias e coordinar correctamente as tarefas.

 

Fonte: http://bit.ly/2EW5pWd