fbpx

CONSELLOS PARA O ÉXITO NA DIXITALIZACIÓN DA PEME

CONSELLOS PARA O ÉXITO NA DIXITALIZACIÓN DA PEME

As pequenas e medianas empresas deben poñer todo o seu empeño en adaptarse a un novo mundo dixital e globalizado. Son moitas as innovacións que aparecen cada día e ás que deben adaptarse. Por iso, as pemes deben encontrar a maneira máis adecuada para incorporar no seu negocio as novas tecnoloxías.

Existen unha serie de pasos para emprender o camiño cara á dixitalización que están ao alcance de calquera empresa:

  • Contar con presenza na rede: actualmente máis do 30 % das pemes non ten web, un dato preocupante se temos en conta que España é un dos países europeos con maior porcentaxe de usuarios conectados. No noso país non dispoñer dunha páxina web supón non existir para unha gran cantidade de persoas
  • Apostar polo deseño responsive: adaptar os nosos contidos web a todos os dispositivos é algo fundamental. O 80 % das conexións realízase a través dun smartphone, polo que apostar por unha páxina web con esta tecnoloxía fará que os contidos non se modifiquen ao cambiar de aparato.
  • Ser activos en redes sociais: o 82 % dos usuarios de internet posúe un perfil nalgunha rede social, pero só o 42 % das pemes ten unha conta neste tipo de plataformas. Non utilizar as redes sociais supón estar desaproveitando unha alta porcentaxe de clientes potenciais.
  • Ser orixinal na creación de contidos: é importante nutrir de contidos os nosos perfís empresariais. As publicacións non deben ser, unicamente, de promoción ou publicidade, senón que deben proporcionarlles contido de valor aos usuarios e acorde ao perfil da nosa empresa.
  • Utilizar estratexias de marketing visuais: o contido multimedia é o rei. Utilizar imaxes, vídeos ou calquera tipo de contido audiovisual é unha maneira sinxela de chegar ao noso público obxectivo e conectar con el. Debemos tratar de ser creativos e publicar contidos que non aburran o usuario.

 

Fonte: http://bit.ly/2EH5Mnihttp://bit.ly/2CaH9hihttp://bit.ly/2jSP2Nt