
15 Feb Retos dixitais para as pemes
Posted at 09:29h
in blog
Ao redor da metade das pemes españolas considera que se atopa nun nivel intermedio de dixitalización (Esdudio de digitalización. Observatorio Vodafone), pero son conscientes dos cambios nos modelos de negocio e nos hábitos de consumo causados polos avances tecnolóxicos.
Se as pequenas e medianas empresas queren seguir sendo competitivas, deben implicarse máis na transformación dixital e afrontar algúns dos seguintes retos:
- O big data: o emprego de ferramentas de analítica preditiva (bussiness intelligence) debe ir acompañado por traballadores que teñan capacidades de analítica e interpretación de datos.
- A ciberseguridade: o risco alto de sufrir ciberataques que teñen as pemes así como a obrigación de cumprir a partir de maio deste ano co novo Regramento Europeo de Protección de Datos, fai necesario que toda a empresa este concienciada e tome as precaucións necesarias.
- O cloud computing: a pesar das súas vantaxes, só unha de cada 10 pemes emprega este tipo de servizos da nube, co que perden a oportunidade de aforrar custos e de ter unha maior mobilidade.
- A mobilidade: os potenciais clientes conéctanse a Internet e visitan páxinas web cada vez máis a través de móbiles, polo que os contidos dixitais deben estar orientados para consumir neste tipo de dispositivos.
- CRM: este tipo de ferramentas axudan a dar unha resposta persoal e personalizada a cada cliente en función das súas preferencias e experiencia coa empresa. Pero son bastante descoñecidas para moitas pemes, a pesar de que existen moitas que son gratuítas.
Despois do comentado anteriormente, que pasos consideras que debes realizar na túa empresa para dar o salto definitivo na dixitalización?