fbpx

Principais inconvenientes das empresas familiares

Principais inconvenientes das empresas familiares

Na comunidade galega é especialmente significativa a cantidade de empresas que son familiares, xa que representan máis do 90 % do tecido empresarial galego. Como calquera negocio, este tipo de empresas teñen as súas dificultades, pero o carácter familiar fai que teñan unha serie de inconvenientes específicos:

  • O choque xeracional: a diferente maneira de levar a cabo a xestión do negocio entre os máis maiores e os máis novos da familia, pode dar lugar a conflitos, o que fai necesario o diálogo e o entendemento entre todas as partes.
  • A falta dun protocolo de actuación ante diferentes circunstancias que se poden dar: é algo moi común nas empresas familiares, que debe estar rexistrado por escrito.
  • A falta da planificación da sucesión unha vez cambie a dirección da empresa: é necesario establecer como vai ter lugar a sucesión, en que momento e que persoa vai quedar ao mando da empresa.
  • A mestura entre o familiar e o laboral: a emoción é un sentimento común nestes tipo de empresas, así como a mestura dos dous ámbitos, o que inflúe negativamente na xestión do negocio.
  • Non saber delegar: nas empresas familiares prima o trato próximo coa clientela, polo que non adoita abundar a delegación de funcións e de responsabilidades.
  • A asignación de responsabilidades: debido á confianza entre as diferentes partes, non se adoita pactar cales son as tarefas de cada unha e como se deben repartir os beneficios, de xeito que non se establecen límites e garantías no caso de que se xere algún tipo de conflito.

Actualmente hai unha convocatoria aberta do programa Re-acciona ata  vindeiro 23 de marzo e o servizo de empresa familiar é un dos que se poden solicitar.

Fonte: https://noticias.infocif.es/