fbpx

Está a industria preto da tecnoloxía 5G?

Está a industria preto da tecnoloxía 5G?

A transformación dixital na que estamos inmersos na actualidade pon de relevancia que a conectividade é unha necesidade básica, tanto a nivel de usuario como no escenario empresarial. É por iso que hai moitos que xa consideran a tecnoloxía 5G  como a cuarta revolución industrial, debido ás vantaxes que esta traerá.

Debemos prestar atención a esta tecnoloxía? A resposta é si, xa que  estamos a falar dun tipo de rede de comunicación que reduce o tempo de resposta para enviar e recibir datos. A continuación, expóñense algunhas repercusións deste avance tecnolóxico:

  • A consolidación da Internet das cousas (IoT), tecnoloxía na que os obxectos e as máquinas electrónicas, grazas á súa conexión a internet, poden comunicarse entre si. Isto tradúcese, no contexto da industria 4.0, en procesos máis robotizados e control remoto.
  • O coche autónomo, a implantación dun vehículo totalmente conectado con capacidade de circular sen necesidade de ningunha intervención humana. Nun momento no que a alta mobilidade laboral é unha realidade, a posibilidade de que o condutor delegue a condución do vehículo permítelle un maior descanso nos seus traxectos.
  • O transporte de mercadorías a través de drones que funcionan de forma autónoma. Isto supón un avance importante dentro do comercio electrónico, xa que implica máis rapidez de entrega dos pedidos e a posibilidade de que estas entregas se realicen en calquera momento.
  • A mellora nos procesos de análise de datos a tempo real, tanto a nivel das máquinas que se atopan na fábrica como da información dispoñible na nube, que permite detectar os erros de forma rápida para poder solucionalos.

A pesar de que a tecnoloxía 5G semella ser todo vantaxes que melloran o noso día a día, aínda ten moito camiño por percorrer para que poida chegar a todas as áreas, especialmente debido á infraestrutura que se necesita para que funcione de forma idónea.

Actualmente, está aberta unha nova convocatoria do programa Re-acciona TIC,  na que as empresas poden solicitar os servizos de industria 4.0. Infórmate na web sobre eles.

Fontes: http://www.lavanguardia.com/tecnologiahttp://www.abc.es/economia/